O termo Planta pódese referir a:

Bioloxía Planta (Plantae), organismo do reino "vexetal", especialmente o que non ten troco (cómpre evitar o hipergaleguismo: pranta): Planta acuática, planta axeitada aos medios moi húmidos ou acuáticos; Planta mergullada, planta que fica completamente baixo unha tona de auga; Planta bulbosa, aquelas que presentan órganos subterráneos de reserva de nutrientes (bulbos, cormos, rizomas, tubérculos e raíces tuberosas); Planta carnívora, planta que captura e consome animais e protozoos; Planta de interior, planta cuxo cultivo se realiza en lugares baixo teito; Planta leñosa, planta vascular cun talo perenne, por riba do chan cuberto dunha capa de mesta de casca ou cortiza; Planta medicinal, recurso cuxa parte o extractos empréganse coma drogas no tratamento dalgunha doenza; Planta aromática, ou herba aromática, plantas brava ou cultivada polas súas cualidades aromáticas, condimentarias ou incluso, medicinais; Planta oleaxinosa, planta que se cultiva e da que se tira aceite, da semente ou do froito; Planta ornamental, planta que se cultiva e se comercializa con propósitos decorativos; Planta parasita, a que obtén algunha ou todas as substancias nutritivas que necesita para o seu desenvolvemento dende outra planta; Planta rubideira, planta que medra suxeitándose nun soporte; Planta suculenta, a planta adaptada a climas áridos; Planta vascular, grupo de plantas que abarca ao taxon das traqueófitas ou tracheobionta.

Anatomía A planta do pé, parte inferior do pé, que vai desde a base das dedas até o calcañar.

Arquitectura e construción Planta, piso ou andar, cada unha das partes en que se divide horizontalmente unha construción; Planta, en arquitectura ou debuxo técnico, a figura ou representación gráfica de cada nivel (seccións horizontais).

Instalacións industriais Planta industrial, conxunto de instalacións e maquinaria de certas industrias.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza A Planta, lugar da parroquia de Cabanas, no concello do Vicedo.

Véxase tamén Outros artigos

Planta emblema, símbolo, normalmente un ramo dunha planta específica, que é usado para identificar a un membro dun clan escocés; Planta nova, tipo de uva branca española orixinaria de Valencia.