El Noticiero Gallego foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1918 e 1920. Historia e características Subtitulado Diario de Santiago, apareceu o 2 de decembro de 1918. Veu substituír a Gaceta de Galicia. Estaba dirixido por Ramón Rivera Torres. Entre os seus redactores figurou Ramón Fernández Cobas. Cambiou o subtítulo por Diario de la mañana o 18 de outubro de 1919. Cesou a súa edición non antes de xuño de 1920.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1918 en Galicia