miniatura|400px|right|Nutaarmiut (a localidade menos poboada). O arquipélago de Upernavik é un vasto arquipélago de pequenas illas no municipio de Avannaata, ao norte da península Nunavik, no noroeste de Groenlandia. O arquipélago esténdese desde a costa norte/nordeste da Península Nunavik (aproximadamente a Nunavik, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992) até o extremo sur da baía de Melville (a aproximadamente Upernavik Avannarleq, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992). Existen 10 localidades no arquipélago (sen contar as abandonadas): Upernavik Kujalleq, Kangersuatsiaq, Upernavik, Aappilattoq, Tasiusaq, Innaarsuit, Naajaat, Nutaarmiut, Nuussuaq e Kullorsuaq. A localidade máis setentrional é Kullorsuaq, sendo a máis austral Upernavik Kujalleq. A menos poboada é Nutaarmiut, e a que máis habitantes ten é Upernavik.

Mapa

Economía A principal actividade económica do arquipélago é a pesca, aínda que as localidades máis ao norte dependen moito da caza de focas, morsas e baleas para complementar a economía familiar.

Fóra de Upernavik, a economía de renda está entre unha das máis baixas de toda Groenlandia. Catro das localidades do arquipélago (Naajaat, Nuussuaq, Kullorsuaq e Upernavik Kujalleq) están na lista das 10 localidades máis pobres de Groenlandia.

Transporte Aéreo

A Air Greenland opera voos como contrato do goberno para case todas as localidades do arquipélago (só non opera para Nutaarmiut e Naajaat). O único aeroporto do arquipélago é o Aeroporto de Upernavik, localizado en Upernavik, no entanto, existe varios heliportos.

Localidade Aeroporto/Heliporto DestinosAappilattoq || Heliporto de Aappilattoq || Upernavik |- |Innaarsuit || Heliporto de Innaarsuit || Tasiusaq e Upernavik |- |Kangersuatsiaq || Heliporto de Kangersuatsiaq || Upernavik e Upernavik Kujalleq |- |Kullorsuaq || Heliporto de Kullorsuaq || Nuussuaq e Upernavik |- |Nuussuaq || Heliporto de Nuussuaq || Kullorsuaq e Upernavik |- |Tasiusaq || Heliporto de Tasiusaq || Innaarsuit e Upernavik |- |Upernavik || Aeroporto de Upernavik || Aappilattoq, Ilulissat, Innaarsuit, Kangersuatsiaq, Kullorsuaq, Nuussuaq, Qaanaaq, Qaarsut, Tasiusaq e Upernavik Kujalleq |- |Upernavik Kujalleq''' Upernavik Kujalleq Heliport Kangersuatsiaq e Upernavik

Marítimo

Até 2006, a Artic Umiaq Line tiña fornecido servizos de transbordador para Nuuk e para Uummannaq, Ilulissat e Aasiaat (no municipio de Qaasuitsup).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Xeografía de Groenlandia Upernavik