miniatura|Vista de satélite da península. A península de California é unha península localizada no noroeste de México. Penetra no océano Pacífico, formando o golfo de California entre a súa costa oriental e as costas de Sonora e Sinaloa. Ten unha lonxitude aproximada de 1 250 km e comprende os estados mexicanos de Baixa California e Baixa California Sur. Inicia na fronteira de México con Estados Unidos.
En conxunto a península de California ten un gran potencial turístico, debido a que as súas praias atraen tanto os residentes da mesma península como a visitantes dos estados de California, Arizona e Nevada, de onde provén un importante e constante fluxo turístico.
Cidades principais da Península de California Tijuana Mexicali Ensenada Los Cabos La Paz San Quintín Loreto
California Categoría:Penínsulas de México Categoría:Penínsulas ao Océano Pacífico