miniatura|300px|Douradas Os espáridos (Sparidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Comprende algunhas especies de grande interese comercial, como o ollomol, a dourada, o sargo ou a boga.

Características Presentan un corpo fusiforme, alto, comprimido lateralmente, cuberto de fortes escamas ctenoides ou cicloides ben desenvolvidas. Liña lateral ben aparente. Ollos grandes e boca pequena.

Posúen unha aleta dorsal continua, formada por dúas partes dunha mesma lonxitude, a primeira con 10-13 espiñas e a segunda con 10-15 radios brandos. A anal, con 3 espiñas e 8-14 radios brandos. Pectoriais grandes e ventrais en posición torácica, cunha espiña e 5 radios brandos. Caudal escotada ou bifurcada.

Son omnívoros e viven no litoral, entre as pedras e prados de Posidonia. Habitan as augas dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, se ben algunhas especies penetran nos estuarios e zonas costeiras.

Son hermafroditas con alternancia de sexo ó longo da súa vida: nunhas especies son primeiro femias e convértense en machos e noutras son primeiro machos e rematan como femias.

Clasificación Comprende 37 xéneros e 125 especies: miniatura|300px|Ollomol (Pagellus bogaraveo) miniatura|Sargo (Diplodus sargus) Acanthopagrus Allotaius Archosargus Argyrops Argyrozona Boops Boopsoidea Calamus Cheimerius Chrysoblephus Chrysophrys Crenidens Cymatoceps Dentex Diplodus Evynnis Gymnocrotaphus Lagodon Lithognathus Oblada Pachymetopon Pagellus Pagrus Parargyrops Petrus Polyamblyodon Polysteganus Porcostoma Ptreogymnus Rhabdosargus Sarpa Sparidentex Sparodon Sparus Spondyliosoma Stenotomus Virididentex

Véxase tamén Ligazóns externas

FishBase ITIS