José Ogea Otero, ás veces José Ojea Otero, nado en Cortegada o 16 de agosto de 1845 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1909, foi un político, farmacéutico e escritor galego, membro numerario da Real Academia Galega desde a súa fundación.
Traxectoria miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita, Uxío Carré Aldao, Florencio Vaamonde, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González. Sentados, José Ogea, Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez e Andrés Martínez Salazar, na Coruña, en outubro de 1904. Militou no Partido Republicano e participou en pronunciamentos e movementos políticos en favor da Primeira República Española. Foi deputado no Congreso polo distrito de Bande (1873-1874). Ao caer a República, foi perseguido e tivo que exiliarse en Portugal. Co reinado de Afonso XII puido regresar á súa casa de Cortegada onde se dedicou a escribir.
Foi amigo dos grandes intelectuais do Rexurdimento como Manuel Curros Enríquez (ao que lle escribiu o prólogo de Aires da miña terra) e Manuel Murguía (que prologou a súa obra Célticos. Cuentos y leyendas de Galicia).
Obras Entre outras: La visión dantesca. Vigo: Imp. de M. Fernández Dios, 1882. Céltigos. Cuentos y leyendas de Galicia. Ourense: Imp. por Antonio Otero, 1883. Prólogo de Murguía. El mundo rural. Cuadros de costumbres. A Coruña: Andrés Martínez, 1890. Reedición na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar. Olas rugientes: estudio dramático-filosófico. Ourense: Imp. de El Miño, 1898. No seminario da Habana, La Tierra Gallega, dirixido por Curros Enríquez, publicou a novela Regalo de la vida, que comezou a saír no nº 60 (1895). No semanario En Marcha, da mesma capital, viu a luz en 1906 a novela Gentes sencillas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Cortegada Categoría:Nados en 1845 Categoría:Finados en 1909 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público