Prudencio Rovira Pita, coñecido como Rovirita, nado en Pontevedra o 21 de setembro de 1870 e finado en Madrid o 29 de febreiro de 1960, foi un avogado, político e xornalista galego.
Traxectoria Estudou no Colexio dos agostiños de El Escorial e na Universidade de Madrid. Especializouse por libre en historia, literatura e arte. Funcionario do Ministerio de Gobernación, dedicouse integramente ao xornalismo, traballando como redactor en El Correo, La Correspondencia de España e El Español de Madrid. Foi secretario particular de Antonio Maura durante a maior parte da súa vida pública (1902-1925). Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo nas eleccións de 1907 e polo distrito da Pobra de Trives nas eleccións de 1919, 1920 e 1923. Continuou colaborando en periódicos, como Diario de Barcelona e El Diario Español de Buenos Aires. En galego publicou Hirmandade!, un libro de poemas de contido agrarista.
Obra El campesino gallego. (Apuntes sobre su condición social), 1904. Tierra balear. Esbozos mallorquines, 1913. Hirmandade! Poemiña de revolta, 1918. Cartas son cartas, 1949. Maura. Infancia y juventud, 1953. Maura, acuarelista, 1955.
Distincións
Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz do Mérito Naval.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas El Parlamento de hace 110 años
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes