Francisco Romero Blanco, nado en Tállara (Lousame) o 21 de outubro de 1838 e finado en Noia o 21 de novembro de 1918, foi un médico galego.
Traxectoria Foi catedrático de Anatomía Descritiva (1871) e reitor da Universidade de Santiago de Compostela en tres ocasións, á que representou como senador en 1896. Foi probablemente quen fixo a primeira exposición en Galicia das teorías de Darwin. Colaborou en El Eco de Santiago, El Fin del Siglo, El Zumbido, El Alcance, Gaceta de Galicia, O Tio Marcos d'a Portela e O Novo Galiciano. Empregou ás veces o pseudónimo Franrobla. Académico da Real Academia Nacional de Medicina, foi académico fundador da Real Academia Galega.
Foi pai do tamén médico Francisco Romero Molezún.
Obras De la Medicina considerada como ciencia y como arte, 1867 (a súa tese doutoral en Medicina e Cirurxía). La herencia simia del hombre, 1877 (publicada co pseudónimo Franrobla). La herencia del primer pecado según la ciencia y la carta de un cura, 1877. Tratado de Angio-neurología o sistema vascular y nervioso considerados paralelamente en su parte anatómico-filosófica, 1869. Santiago de Compostela. Impreso no Establecimiento Tipográfico de José Souto Díaz. 700 páxinas. Programa razonado de Anatomía General y Descriptiva (del 2º curso principalmente), 1871. Ensayo de angilogía anormal: casos de notable anomalía del sistema vascular, 1875. Programa de anatomía humana: normal y fisiológica, general y descriptiva, 1884. La vida en todas sus manifestaciones, 1891. Ley de transacción orgánica, 1892. La mano, 1892.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Biografía no Dicionario de autores/as do Barbanza Ficha no Senado Xenealoxía Romero Blanco, Francisco
Categoría:Médicos de Lousame Categoría:Reitores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Lousame Categoría:Nados en 1838 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos