Vicente Carnota Pérez, nado en Ordes o 7 de outubro de 1855 e finado en Santiago de Compostela o 6 de xullo de 1920, foi un sacerdote e xornalista galego.

Traxectoria Foi redactor de El Clamor de Galicia e redactor xefe de El Diario de Galicia (1895). Fundou o xornal El Noroeste, foi director do xornal conservador La Monarquía de Ferrol (1896) e do semanario El Terruño de Ordes (1903), e redactor de Fray Prudencio e La Voz de Galicia (até 1910). Ordenouse sacerdote en 1912 en Jaca, onde exerceu como profesor no seminario. Despois foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega.

Vida persoal

Foi tío de Leandro del Río Carnota. Véxase tamén Bibliografía

Vicente Carnota (1855-1920): Xornalista e sacerdote. Ordes: A. C. Obradoiro da Historia, 2003.

Ligazóns externas

Categoría:Xornalistas de Ordes Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en 1920 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega