Ángel Concheiro Coello, coñecido como Tito Concheiro, nado en Ordes en 1966, é un arqueólogo galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Concheiro Carro e neto de Antonio Concheiro Iglesias. Licenciado en Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu intervencións arqueolóxicas por toda Galicia, dirixindo os proxectos de escavación e conservación no Castro do Achadizo (Boiro), Castros de Punta Neixón (Boiro), Castro de Baroña (Porto do Son), Castro das Barreiras (Vimianzo) e asentamento aberto de Valdamio (Os Riós). Foi arqueólogo da Deputación da Coruña. Os seus dous principais campos de actuación son a Idade de Ferro e o mundo dos gravados rupestres da Idade de Bronce, sobre os que ten publicado artigos.

Obras Castro do Achadizo: cultura material, economía e subsistencia na Idade do Ferro.

Véxase tamén Ligazóns externas Pequena biografía Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes