O Aeroporto de Burgos é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado nunha ampla chaira na zona leste da cidade de Burgos.
En 2011, segundo datos de Aena, deu servizo a 35 447 pasaxeiros (o que supón un incremento do 5,5% con respecto a 2010) con 3 960 operacións de voo, un 11,2% máis que no 2010.
A pesar da súa recente inauguración, en 2011 superou en número de pasaxeiros comerciais anuais a outros aeroportos da contorna, como os de Vitoria ou Logroño, e outros da península, como o de Albacete, Córdoba ou Huesca.
En 2012, propúxose á cidade de Burgos como plataforma multimodal europea, combinando mercancías por estrada, ferrocarril e aviación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial do Aeroporto de Burgos Sitio oficial do Real Aeroclub de Burgos
Burgos Categoría:Burgos