The Mask é un filme estadounidense dirixido por Chuck Russell que se estreou en 1994. Baséase na serie de banda deseñada ''The Mask de Dark Horse Comics.

Sinopse Stanley Ipkiss é un empregado de banca extremadamente amable, pero desgraciadamente é un pusilánime cando ten que enfrontarse a alguén. Tras un dos peores días da súa vida, Stanley atopa unha máscara que representa a Loki, un deus da mitoloxía nórdica da malicia e a troula. Cando coloca a máscara convértese nunha persoa completamente diferente.

Personaxes Jim Carrey como A Máscara / Stanley Ipkiss Cameron Diaz como Tina Carlyle Peter Greene como Dorian Tyrell Peter Riegert como Tenente Mitch Kellaway Orestes Matacena como Niko Jim Doughan como Detective Doyle Richard Jeni como Charlie Schumaker Amy Yasbeck como Peggy Brandt Jeremy Roberts como Bobby Ben Stein como Dr. Arthur Neuman Ivory Ocean como Mitchell Tilton Reginald E. Cathey como Freeze William Daniel Mielcarek como Doc Denis Forest como Sweet Eddy Eamonn Roche como Mr. Dickey Nancy Fish como Mrs. Peenman Joely Fisher como Julie Nils Allen Stewart como Orlando Blake Clark como Murray Garret T. Sato como Esbirro de Tyrell

Galardóns e nomeamentos 1994: Nomeado ó Oscar: Mellores efectos visuais. 1994: Nomeado ó Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical (Jim Carrey). 1994: 3 nomeamentos ós BAFTA: Mellores efectos visuais, maquillaxe e montaxe. 1994: Festival de Sitges: Mellores efectos visuais. 2 nomeamentos. 1994: Nomeado ós Premios Razzie: Peor nova estrela (Jim Carrey).

Notas

Véxase tamén Outros artigos A máscara Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chuck Russell Categoría:Filmes con banda sonora de Randy Edelman Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes baseados na mitoloxía nórdica