O premio Biblos-Pazos de Galicia é un premio de creación literario destinado á mocidade (os candidatos non deben superar os 25 anos de idade no momento de presentarse). A primeira edición foi en 2004. Está organizado por Biblos Clube de Lectores, co patrocinio de Pazos de Galicia. En pasadas edicións fíxose en colaboración con outras asociacións, tal que a AELG. A diferenza doutros premios, este premio non busca unha obra rematada senón un proxecto de obra, que será acabada polo gañador coa axuda dun titor experimentado (en diversas edicións o papel de titor recaeu respectivamente sobre Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Xabier P. DoCampo ou Darío Xohán Cabana, entre outros).

En 2013 mudou o nome a Premio Biblos-Casa Grande do Bachao para mozas e mozos, dirixido á novela.

Gañadores 2005: Iria López Teixeiro. - Meniña de cristal (provisional Contracorrente)Iria López Teijeiro, Gañadora do I premio Biblos-Pazos de Galicia, no Faro de Vigo o 24 de xullo de 2005. 2006: Alberto Ramos. - Dor pantasma 2007: Patricia Casas. - Teselas de cidade 2008: Berta Dávila. - Bailarei sobre a túa tumba 2009: Pablo García Martínez. Relato dun estalido xordo 2010: Elena Veiga Rilo. - Morto en fucsia 2011: Iria Morgade Valcárcel. - Verbas no ar 2012: Deserto.Declarado deserto 8.º Premio Biblos-Pazos de Galicia de novela para menores de 25 anos , en Biblos Clube, xullo de 2012. 2013: Lidia Gómez Martínez. - Os pantalóns nunca foron cousa boa Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biblos Clube de Lectores

Biblos-Pazos de Galicia