miniatura|dereita|Folículos tiroides. 1. Coloide. 2. Epitelio do folículo. 3. Endotelio vascular. As células parafoliculares son células que se encontran na glándula tiroide e que producen e segregan a hormona calcitonina Encyclopaedia Britannica Parafollicular cell. Tamén se chaman células C, células claras ou células ultimobranquiais. Acompañan no tiroide ás células foliculares tiroides, pero son menos numerosas ca elas e están situadas tanto no epitelio folicular coma, principalmente, nos espazos interfoliculares, pero sempre sempre preto da base do epitelio e lonxe do lume folicular, aínda que dentro da membrana basal que rodea o folículo. Coñécense desde o século XIX (Baker, 1877) pero non se soubo a súa función ata o século XX.

Son células grandes e de tinguidura clara comparadas coas células foliculares ou o coloide do tiroide nas preparacións ordinarias, pero poden tinguirse selectivamente con nitrato de prata. Poden distinguirse citoquímicamente das células foliculares porque expresan o encima alfa-glicerofosfato deshidroxenase mitocondrial. Presentan unha serie de gránulos esféricos limitados por membrana secretorios de 0,1 a 0,4 microns que conteñen calcitonina e que se poden tinguir con azul de anilina.D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 510-511. ISBN 84-7605-361-4 A calcitonina é unha hormona que fai diminuír a concentración de calcio no sangue.Zabel M. Regulation of calcitonin secretion by thyroid parafollicular cells in vitro. Folia Histochem Cytobiol. 1995;33(3):193-6. PMID 8612873

Nos teleósteos e aves ocupan unha estrutura fóra da glándula tiroide denominada corpo ultimobranquial. Nicole LeDouarin descubriu por medio dunha serie de experimentos realizados no paspallás que estas células durante o desenvolvemento embrionario migraban desde a crista neural.Nicole Le Douarin,Chaya Kalcheim. The Neural Crest.Google books

Embrioloxicamente, están asociadas nos humanos aos corpos ultimobranquiais, que á súa vez derivan da cuarta (ou quinta) bolsa farínxea. As células parafoliculares derivan das células da crista neural e quedan incluídas no tiroide.

Cando as células parafoliculares se volven cancerosas, orixinan carcinoma medular de tiroide.J. B. Hazard. The C cells (parafollicular cells) of the thyroid gland and medullary thyroid carcinoma. A review.Am J Pathol. 1977 July; 88(1): 213–250. PMCID: PMC2032150.

Algunhas poboacións de células parafoliculares, debido á súa orixe na crista neural, son utilizadas como modelo para estudar as neuronas serotoninérxicas.Russo AF, Clark MS, Durham PL. Thyroid parafollicular cells. An accessible model for the study of serotonergic neurons. Mol Neurobiol. 1996 Dec;13(3):257-76. PMID 8989773.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Baber EC: Contributions to the minute anatomy of the thyroid gland of the dog. Phil Trans R Soc 166 (1876) 557-568 (full text)

Outros artigos Célula folicular tiroide Hormona tiroide Calcitonina Tiroide

Ligazóns externas OklahomaHistology - 42_04 Imaxe BUHistology - 14302loa Imaxe KansasHistology endo /endo10 Imaxe AnatomyAtlasesMicroscopic 15 287 Imaxe

Categoría:Histoloxía Categoría:Endocrinoloxía