miniatura|300px|dereita|Deleción nun cromosoma. En xenética, unha deleciónBUSCatermos deleción é un tipo de anomalía estrutural cromosómica que consiste na perda dun fragmento de ADN dun cromosoma e dos xenes que houbese alí.Lewis R. 2005. Human Genetics: Concepts and Applications, 6th Ed. McGraw Hill, New York. Esta perda origina un desequilibrio, polo que as delecións están incluídas dentro das reordenaciones estruturais desequilibradas. O portador dunha deleción é monosómico respecto á información xénica do segmento correspondente do homólogo normal.

Unha deleción pode producirse no extremo dun cromosoma (deleción terminal) ou ao longo dun dos seus brazos (deleción intersticial).

A orixe das delecións pode ser unha simple rotura cromosómica e perda do segmento acéntrico. En certos casos, as delecións son o resultado dun entrecruzamento desigual entre cromosomas homólogos ou cromátides irmás mal aliñados. Tamén se poden producir na descendencia por segregación anormal dunha translocación ou unha inversión equilibradas dos proxenitores.

Incidencia

As delecións autosómicas citoxeneticamente visibles teñen unha incidencia de aproximadamente 1/7.000 nacidos vivos. As delecións submicroscópicas máis pequenas detectadas por medio de análises con micromatrices (microarrays) son moito máis frecuentes, pero aínda non se determinou o significado clínico destas microdelecións.

Detección

Para detectar unha deleción demasiado pequena como para ser detectada en preparacións metafásicas adoitan utilizarse as técnicas de bandeo de alta resolución ou a técnica FISH. Para ser detectada por bandeo de alta resolución a deleción debe ser de polo menos varios millóns de pares de bases. Polo contrario, a técnica FISH e as técnicas de micromatrices poden detectar delecións cariotípicamente indetectables ou delecións dubidosas con consecuencias fenotípicas utilizando para iso sondas específicas da rexión de interese.

Consecuencias A deleción de material xenético pode afectar desde a un só nucleótido (deleción puntual) a grandes rexións visibles citoxeneticamente. As pequenas delecións é menos probable que sexan letais; as máis grandes xeralmente si o son. As de medio tamaño orixinan diversos trastornos nos humanos. A consecuencia clínica das delecións é a haploinsuficiencia, é dicir, a incapacidade da copia única do material xenético (a outra perdeuse pola deleción) para levar a cabo as funcións que normalmente efectúan as dúas copias. As consecuencias parecen depender do tamaño do segmento delecionado e do número e funcións dos xenes que contén. A deleción dun número de pares de bases que non é divisible por tres orixina unha mutación por corremento da pauta de lectura, que fai que todos os codóns que van despois do lugar da deleción se lean incorrectamente durante a tradución de proteínas, producindo proteínas moi alteradas e non funcionais. Mesmo poden aparecer codóns de parada prematuros. Cando a deleción afecta a un número de codóns divisible por tres é unha deleción dentro da pauta (ou in-frame).LSDB - Controlled vocabulary terms at The GEN2PHEN Knowledge Centre. Posted Fri, 08/01/2010.

Investigacións recentes suxiren que algunhas delecións de secuencias moi conservadas (CONDELs) poden ser responsables das diferenzas evolutivas entre especies emparentadas. Tales delecións nos humanos denomínanse hCONDELs e poden ser responsables das diferenzas anatómicas e de comportamento entre os humanos, chimpancés e outros mamíferos.McLean, C. Y.; Reno, P. L.; Pollen, A. A.; Bassan, A. I.; Capellini, T. D.; Guenther, C.; Indjeian, V. B.; Lim, X. et al. (2011). "Human-specific loss of regulatory DNA and the evolution of human-specific traits". Nature 471 (7337): 216–219. DOI:10.1038/nature09774. PMC 3071156. PMID 21390129. .

A deleción dun xene ou de parte dun xene pode ocasionar unha enfermidade ou unha anomalía. As delecións son responsables dalgúns casos de infertilidade masculina e 2/3 dos casos da distrofia muscular de Duchenne. As delecións que afectan ao xene que codifica a proteína supervivencia de motoneurona (necesaria para un correcto splicing) causan atrofia muscular espiñal, a causa xenética máis común de morte infantil. Outros trastornos xenéticos nos que están implicadas delecións son:

Síndrome do Cri du chat (deleción do brazo curto do cromosoma 5) Síndrome de Prader-Willi (deleción do brazo longo do cromosoma 15) Síndrome de Angelman (deleción dunha rexión do cromosoma 15) Síndrome deleción 22q13 (deleción do extremo distal do brazo longo do cromosoma 22)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xenoma humano Doenza xenética Mutación Indel

Categoría:Xenética Categoría:Cromosomas