Maurice "Moe" Harkless, nado o 11 de maio de 1993 en Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria Instituto e universidade No seu ano coma júnior en Forest Hills, foi nomeado Xogador do Ano polo New York Daily News tras facer 16.5 puntos e 11.5 rebotes por partido. Harkless xogou no South Kent High School no seu último ano e acadou 27.2 puntos, 13.6 rebotes e 4.2 asistencias por partido.

No primeiro ano de Harkless en St. John's, fixo 15.5 puntos e 8.6 rebotes por partido. Foi ademais nomeado Rookie do Ano da Big East Conference. Tras a súa tempada coma freshman, Harkless declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.

Profesional O 28 de xuño de 2012, Harkless foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Philadelphia 76ers. O 10 de agosto de 2012, foi traspasado ós Orlando Magic, no traspaso que mandou a Dwight Howard ós Los Angeles Lakers.

O 14 de xullo de 2015, Harkless foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2020.

O 6 de xullo de 2019, Harkless foi traspasado ós Los Angeles Clippers como parte dun traspaso entre catro equipos.

O 6 de febreiro de 2020, Harkless foi traspasado ós New York Knicks a cambio de Marcus Morris, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Jerome Robinson ós Washington Wizards a cambio de Isaiah Thomas.

O 23 de novembro de 2020, Harkless asinou cos Miami Heat.

O 25 de marzo de 2021, Harkless foi traspasado xunto a Chris Silva ós Sacramento Kings a cambio de Nemanja Bjelica.

O 6 de xullo de 2022, Harkless foi traspasado xunto a Justin Holiday, e unha futura elección da primeira rolda do Draft ós Atlanta Hawks, a cambio de Kevin Huerter.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings