Phenomenon é un filme estadounidense dirixido por Jon Turteltaub que se estreou en 1996. Está protagonizado por John Travolta, Kyra Sedgwick, Forest Whitaker e Robert Duvall.

Sinopse George Malley (John Travolta) é un mecánico de carácter afable que está namorado dunha atractiva muller (Kyra Sedgwick) acabada de chegar á cidade. O día do seu aniversario, ó saír dun bar, George observa unha luz no ceo e inmediatamente sofre un esvaecemento. Ó día seguinte, comproba que a súa intelixencia desenvolveuse de xeito anormal e decide utilizala para facer o ben. Todo o mundo está intrigado polo que ocorreu, sobre todo o goberno, que agarda empregar os seus coñecementos noutros campos.

Personaxes John Travolta como George Malley Kyra Sedgwick como Lace Pennamin Forest Whitaker como Nate Pope Robert Duvall como Doc Brunder Jeffrey DeMunn como Prof. John Ringold Richard Kiley como Dr. Wellin Brent Spiner como Dr. Bob Niedorf Vyto Ruginis como Ted Rhome Bruce A. Young como Axente do FBI Jack Hatch Michael Milhoan como Jimmy Sean O'Bryan como Banes David Gallagher como Al Pennamin Ashley Buccille como Glory Pennamin Tony Genaro como Tito Troy Evans como Roger Ellen Geer como Bonnie James Keane como Pete

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jon Turteltaub Categoría:Filmes con banda sonora de Thomas Newman Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados en California