The Princess and the Frog é un filme estadounidense dirixido por Ron Clements e John Musker. Baséase na novela de E. D. Baker The Frog Princess.

Sinopse Conto de fadas situado nos Estados Unidos con ambientación no barrio francés de Nova Orleáns. Na historia, un príncipe de nome Naveen, do país de Maldonia, é transformado nun sapo polo malvado meigo voodoo Dr. Facilier. O príncipe sapo pídelle a unha xove, chamada Tiana, que o bique para trocar o feitizo. Porén, o bico non fai efecto e ademais converte a Tiana nun sapo. Xuntos terán que atopar a sacerdotisa voodoo de Bayou, Mama Odie, acompañados dun caimán que toca a trompeta e un vagalume namorado dunha estrela.

Personaxes Anika Noni Rose como Tiana/"Tia" Elizabeth Dampier como Tiana de nena Bruno Campos como Príncipe Naveen Michael-Leon Wooley como Louis Jim Cummings como Ray Keith David como Doutor Facilier, O home sombra Jennifer Cody como Charlotte "Lottie" La Bouff Jenifer Lewis como Mama Odie Peter Bartlett como Lawrence John Goodman como Eli "Big Daddy" La Bouff Oprah Winfrey como Eudora Terrence Howard as James

Galardóns e nomeamentos 2009: 3 Nomeamentos ó Oscar: Mellor filme de animación e cancións orixinais. 2009: 3 Premios Annie: Mellor animación de personaxes, efectos animación e dobraxe. 8 nomeamentos. 2009: Nomeado ó Globo de Ouro: Mellor filme de animación.

Notas

Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Musker Categoría:Filmes dirixidos por Ron Clements Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en 1912 Categoría:Filmes ambientados en 1926 Categoría:Filmes baseados nos contos dos irmáns Grimm