Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa.

A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista. Debúllase en dezaoito departamentos, formando, constitucionalmente, as cidades de Tegucigalpa e Comayagüela, conxuntamente, a capital da república.

Máis do 80% do territorio hondureño é montañoso, abundante en fauna e flora, con numerosos tipos de bosques e ríos. As montañas poden chegar a ter unha altura de 2.827 msnm, con vales e chairas por todo o territorio. Os vales máis importantes encóntranse próximos aos dous océanos, nas zonas norte e sur do país. Na zona central do país tamén nos atopamos con vales como o de Comayagua e o de Catacamas. A Cordilleira Centroamericana divide ao territorio entre as cordilleiras Oriental, Occidental e Central.

A poboación de Honduras é de aproximadamente 7,8 millóns de habitantes.

Historia

Política

Subdivisións

A República de Honduras está dividida en 18 departamentos. A súa capital é a cidade de Tegucigalpa, municipio de Distrito Central; xurisdición do departamento de Francisco Morazán.

centro|500px

N.º1DepartamentoPob (2010/2011)Sup (km²)Cabeceira1Atlántida572 5514.372La Ceiba2Colón293 5408.249Trujillo3Comayagua442 2515.124Comayagua4Copán362 2263.242Santa Rosa de Copán5Cortés2 120 2913.923San Pedro Sula6Choluteca605 5044.360Choluteca7El Paraíso427 2327.489Yuscarán8Francisco Morazán1 691 0568.619Tegucigalpa9Gracias a Dios88 31416.997Puerto Lempira10Departamento de Intibucá232 5093.123La Esperanza11Departamento de Islas de la Bahía47 158236Roatán12La Paz196 3222.525La Paz13Lempira315 5654.228Gracias14Departamento de Ocotepeque132 4531.630Ocotepeque15Departamento de Olancho509 56423.905Juticalpa16Santa Bárbara402 3675.024Santa Bárbara17Valle171 6131.665Nacaome18Departamento de Yoro552 1007.781YoroInformación do Censo 2010 Fonte: INE

Xeografía

La Ceiba

Economía

Demografía

Cultura

miniatura|150px|Alfombras de Comayagua durante a Semana Santa. Honduras é un país multiétnico, por conseguinte é un país multicultural. A composición étnica xenotípica de Honduras é a seguinte: 10% caucásicos, 2% afroamericanos garífunas, 6% indíxenas e o resto da poboación é mestiza. Este conglomerado de grupos étnicos é o que finalmente contribúe á riqueza da cultura do país xunto á incorporación e achegas de recentes grupos de inmigrantes que enriqueceron o conglomerado cultural desde os grupos afroamericanos caribes, que chegan en 1797, até os grupos xinoides ou arabezcos que se incorporan coa chegada das compañías bananeiras e a súa economía de enclave a finais do século XIX e principios do século XX.

Pintura O pintor máis destacado que tivo Honduras é José Antonio Velásquez. Este pintor foi recoñecido como o primeiro pintor primitivista de América. Expuxo as súas obras en EE. UU. e América Latina, así como nun bo número de países de Europa e Asia. En escultura e pintura destacaron Mario Zamora, Virginia Castillo, Santos Arzu Quioto, Santos Guardiola, Rolando Trochez, Julio Vizquerra entre outros.

Literatura A literatura no territorio da actual Honduras remóntase a hai máis de mil cincocentos anos. Foi desenvolvida pola civilización maia na cidade de Copán, coñecida como literatura maia, escritos empregando a escrita maia dos antepasados que empregaba logogramas e glifos silábicos, a literatura maia encóntrase conservada en estelas, pirámides e templos en Copán. A cidade alberga unha pirámide, a dos xeroglíficos, que ten máis de 2500 glifos.

Na actual Honduras existiron varios períodos de literatura contando con moitos autores no romanticismo, modernismo, posmodernismo etc. Entre os escritores máis notables de Honduras están Froylán Turcios Juan Ramón Molina, Rafael Heliodoro Valle, Víctor Cáceres Lara, Glenda Umaña e Ramón Amaya Amador, Marco Antonio Rosa, Roberto Sosa, Lucila Gamero de Medina, Eduardo Bähr, Amanda Castro, Javier Abril Espinoza e Roberto Quezada. En teatro sobresaen as obras do pai José Trinidad Reyes Sevilla.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Honduras