Barrancabermeja é un municipio colombiano da provincia de Mares, no departamento de Santander, ten 1 157 km² e 202 167 habitantes. A altitude media é de 75 metros sobre o nivel do mar. A tradición local di que ao chegar os españois ao lugar lle puxeron este nome ao ver a cor vermella da terra en forma de cavorcos (en español, barrancas).

Historia Xa antes da chegada dos españois existía un poboado indíxena, pero a vila española data de 1536 e chegou á categoría de municipio en 1922. É un centro de explotación petrolífera e acolle un museo do Petróleo.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Santander, Colombia