Juan Francisco Torres Belén, máis coñecido como Juanfran, nado en Crevillent (Alacant) o 9 de xaneiro de 1985, é un futbolista español. Xoga de extremo ou lateral por banda dereita e o seu actual equipo é o São Paulo FC brasileiro.

Tamén xogou un partido coa selección de fútbol de España, coa que gañou, aínda que non xogou ningún partido, a Eurocopa de 2012, o terceiro título do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.

Traxectoria Juanfran formouse nas categorías inferiores do Kelme CF, desde onde pasou á cadea filial do Real Madrid, chegando a xogar co primeiro equipo en Primeira División o 24 de xaneiro de 2004 ante o Villarreal CF, que acabou con vitoria por 2-1 para os madrileños.

Na tempada 2005-06 foi cedido ao RCD Espanyol. Sería nese club no que conseguiría o seu primeiro título, a Copa do Rei de fútbol, enfrontándose co Zaragoza na final que se disputou no Estadio Santiago Bernabéu.

Un ano despois fichou polo Osasuna, equipo no que xogou frecuentemente como titular. O 31 de maio de 2009 marcou un gol decisivo para a permanencia do Osasuna en Primeira División, no partido que enfrontou ao equipo rojillo e ao Real Madrid na última xornada de Liga.Juanfran marcou o gol da permanencia

O 12 de xaneiro de 2011 foi traspasado ao Atlético de Madrid por 4 250 000 € e só dous días despois debutou como titular co conxunto branquivermello no Santiago Bernabéu no partido de ida dos cuartos de final da Copa do Rei fronte ao Real Madrid, finalizando o encontro cunha vitoria para o club branco por tres a un. No seguinte partido, o 17 de xaneiro, fixo o seu debut en liga no Vicente Calderón contra o Real Club Deportivo Mallorca (3-0). Na última xornada de liga marcou no Iberostar Estadi o seu primeiro gol coa camiseta do Atlético fronte ao Mallorca conseguindo a vitoria (3-4). Tivo un sabor especial pois dedicou o gol ao seu pai que falecera unhas semanas antes.

Na tempada 2011/12, o 28 de xullo, disputou o seu primeiro partido europeo coa camiseta do Atlético de Madrid no partido de ida da terceira rolda de clasificación da Europa League (2-1). O 28 de agosto de 2011 disputou o seu partido número 200 en Primeira División no empate a cero contra o Osasuna. O 29 de setembro, no partido correspondente á segunda xornada da fase de grupos da Europa League que lle enfrontou ao Rennes, Juanfran anotou o seu primeiro gol en competición europea pondo o definitivo empate a un no marcador. Meses máis tarde, en concreto o 9 de maio de 2012, conseguiu o seu primeiro título internacional proclamándose co seu equipo campión da Europa League ao vencer por 3-0 ao Athletic Club.

Selección nacional Juanfran foi internacional nas categorías inferiores da selección, participando nos mundiais Sub-20 de 2003 e 2005, sendo subcampión no dos Emiratos 2003, xunto a Andrés Iniesta entre outros.

O 15 de maio de 2012 o seu nome apareceu como convocadoConvocatoria da Selección española. por primeira vez na lista para os seguintes amigables da Selección española absoluta, ante Serbia e ante Corea do Sur, dada polo seleccionador Vicente del Bosque. Debutou o 26 de maio no partido contra a selección nacional de Serbia portando o dorsal número 6 e xogando o partido enteiro. Ao día seguinte, o seleccionador Vicente del Bosque convocouno para disputar a Eurocopa de 2012 que se disputaba en Polonia e Ucraína na que se proclamou campión a pesar de non disputar ningún minuto do torneo.

Participacións en Eurocopas EurocopaSedeResultadoEurocopa 2012 Polonia Ucraína Campión

Estatísticas Actualizado o 14 de maio de 2012. ClubTempadaCategoríaLigaCopaEuropa LeagueTotalPXGolesPXGolesPXGolesPXGoles Real Madrid2003/04Primeira División5000--502004/05Primeira División1000--10 RCD Espanyol2005/06Primeira División30160--361 CA Osasuna 2006/07Primeira División28240914132007/08Primeira División34320--3632008/09Primeira División35210--3622009/10Primeira División33430--3642010/11Primeira División18110--191 Atlético de Madrid 15120--1712011/12Primeira División26020161441 Total 225 14 21 0 25 2 271 16

Palmarés Campionatos nacionais TítuloEquipoPaísAnoCopa do ReiRCD EspanyolEspaña2006Copa do ReiAtlético de MadridEspaña2013Primeira DivisiónAtlético de MadridEspaña2014

Copas internacionais TítuloEquipoPaísAnoUEFA Europa LeagueAtlético de MadridEspaña2012EurocopaSelección españolaPolonia/Ucraína2012Supercopa de EuropaAtlético de MadridEspaña2012

Distincións individuais DistinciónAnoPremio banda dereita de prata de Fútbol Draft2006

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Juanfran Estatísticas en elmundo.es Twitter de Juanfran

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Crevillent Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa