Azerbaidján participou por primeira vez nos Xogos Olímpicos como país independente en 1996, e mandou atletas para competiren en todos os Xogos desde entón. Anteriormente, os atletas do país competiron como parte da Unión Soviética de 1952 a 1988, e tras a disolución da Unión Soviética, o Azerbaidján formou parte do Equipo Unificado en 1992.

Atletas do país xa gañaron 56 medallas nos Xogos Olímpicos de Verán. O país nunca gañou medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno. O Comité Olímpico Nacional de Azerbaidján foi creado en 1992 e recoñecido polo COI en 1993. A súa última gran competición foi nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018.

En 2016, Azerbaidján converteuse nun dos dous únicos países (sendo o outro o Reino Unido, tamén entre 2000 e 2016) en incrementar o número de medallas en cinco Xogos consecutivos. O éxito do equipo de Azerbaidján nos Xogos de 2016 débese principalmente á participación de cidadáns naturalizados, xa que 12 das 16 medalllas logradas por Azerbaidján neses Xogos foron conseguidas por deportistas nados fóra do país (principalmente en Rusia, Ucraína, Belarús e Irán).

Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto 1896–1948 non participou 1952–1988 como parte da Barcelona 1992 como parte do 15px Equipo Unificado Atlanta 1996 23 0 1 0 1 61 Sydney 2000 31 2 0 1 3 34 Atenas 2004 36 1 0 4 5 50 Pequín 2008 44 1 1 4 6 40 Londres 2012 53 2 2 5 9 30 Río de Xaneiro 2016 56 1 7 10 18 39 Toquio 2020 44 0 3 4 7 67 París 2024 48 2 2 3 7 30 Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 9 16 31 56 61

Medallas nos Xogos de Inverno XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto 1924–1948 non participou 1952–1988 como parte da 1992-1994 non participou Nagano 1998 4 0 0 0 0 – Salt Lake City 2002 4 0 0 0 0 – Turín 2006 2 0 0 0 0 – Vancouver 2010 2 0 0 0 0 – Sochi 2014 4 0 0 0 0 – Pyeongchang 2018 1 0 0 0 0 0 Pequín 2022 2 0 0 0 0 0 Milán–Cortina 2026 Evento futuro Total 0 0 0 0 –

Medallas por deporte DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Loita 4 8 16 28 20px Judo 3 2 2 7 20px Taekwondo 1 1 2 4 20px Tiro 1 0 2 3 20px Boxeo 0 2 8 10 20px Karate 0 2 0 2 20px Piragüismo 0 1 1 2 Total 9 16 31 56

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Comité Olímpico Nacional de Azerbaidján

Ligazóns externas Olympic Medal Winners na páxina do Comité Olímpico Internacional National Olympic Committee of the Azerbaijani Republic na páxina do Comité Olímpico Internacional