é un filme de animación baseado no anime Shin-chan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 24 de xullo do 1993.

En galego, saíu á venda en DVD o 24 de marzo do 2004, sen ser proxectada nos cinemas.

Sinopse Entre os nenos está de moda a colección de cromos do Ultraheroe. O cromo número 99 é moi difícil de conseguir, e é chamado 'o cromo pantasma'. Shin Chan entra coa súa nai nunha tenda moi antiga e merca unha caixa na que precisamente se atopa o cromo número 99. É de cor dourada e brilla moito.

Aproveitando que é verán, a familia Nohara sae de viaxe á praia, pero hai moito tráfico e deciden coller un camiño alternativo que os conduce ata unha praia deserta, onde hai unha grande estatua do Ultraheroe. A figura é un parque de atraccións nos que só están os Nohara.

Estes montan no que cren que é un simulador, pero accionado polo cromo número 99, son transportados a unha dimensión paralela, que semella ser o mundo real, onde Shin Chan se transforma nun superheroe coa misión de frear unha invasión de alieníxenas que pretenden poñerlle un traxe de baño de muller a tódolos seres humanos.

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2003. Dirección: Alfonso Valiño. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Shin Chan Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Kazama Teresa Santamaría Mari Mashiba Masao Ana Ouro Teiyu Ichiryusai Boo-chan Alicia Taboada Chie Sato Señorita Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada Señorita Matsuzaka Beatriz García Michie Tomizawa Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokuro Naya Mimiko Teresa Santamaría Etsuko Kozakura Nevado Montse Davila Mari Mashiba Ultraheroe Óscar Fernández Tessho Genda Ririko Chelo Díaz Etsuko Kozakura Raíña Cachas Antón Rubal Roko Takizawa Profesor Paco Barreiro Hiroshi Masuoka Barón do Tanga Xoán Diéguez Daisuke Gori

Voces adicionais: ▪ Andrés Bellas. ▪ Coté Sansegundo.

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é 僕は永遠のお子様 (Hei ser cativo para sempre) interpretada por Miyuki Kajinati.

Véxase tamén Outros artigos Shin-chan

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Mitsuru Hongo Categoría:Filmes de Shin-chan Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego