Egatel é unha empresa galega de telecomunicacións fundada en 1992 e con sede en San Cibrao das Viñas, no Parque Tecnolóxico de Galicia. É propiedade de Comsa-Emte.
Egatel fabrica, deseña, instala e mantén infraestruturas de telecomunicacións profesionais para televisión e radio analóxico e dixital terrestre DVB-T tanto en España como fóra, principalmente para Abertis.
En Galiza, Retegal emprega os seus equipos para distribuír os sinais da CRTVG a toda Galiza.
Historia Egatel fúndase en 1992 primeiro como fabricante de aparellos de recepción de tv satélite domésticos e despois como fabricante de microrepetidores analóxicos.
En 1994, trasládase á súa localización actual. En 1995 consegue as primeiras homologacións para traballar en equipamento profesional para Abertis. En 1996 entra no accionariado Unión Fenosa con IPT. En 1996 é o principal subministrador de equipamento dixital para AbertisTelecom en España. En 1999 inaugura a sede actual. En 2002 subministra o equipamento dixital para Quiero TV. En 2004 entra no mercado internacional subministrando equipamento de transmisión de 10KW de potencia analóxica. En 2005 entra a formar parte de Emte. En 2008 abre en Madrid departamento comercial propio. En 2009 Emte e Comsa fusiónanse. En 2010 subministra máis de 800 transmisores dixitais de media potencia e máis de 3000 microtransmisores e microreemisores dixitais de baixa potencia de televisión dixital.
Produtos Transmisores de Tv analóxicos e dixitais Transmisores de radio analóxicos e dixitais
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Egatel Páxina web de Retegal
Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Empresas de telecomunicacións Categoría:Industria de Galicia