miniatura|Busto de Jules Quicherat na École des chartesJules Étienne Joseph Quicherat, nado en París o 13 de outubro de 1814 e finado na mesma cidade o 8 de abril de 1882, foi un historiador e arqueólogo francés, coñecido pola edición do Procès de condamnation et de réhabilitation de Jeanne d'Arc (5 vol., 1841-1849) e por estar considerado un dos pioneiros do estudo da arqueoloxía en Francia.Encyclopaedia Britannica Irmán do latinista Louis Marie Quicherat.

Traxectoria

Estudou no Collège Sainte-Barbe, onde recibiu unha educación clásica, máis tarde escribiu unha historia do centro en tres volumes. En 1835 entrou na École des chartes en 1834, obtendo o título de arquivista paleógrafo, e logo pasou a traballar na Bibliothèque Royale, en 1847 inaugurou un curso de leccións de arqueoloxía na École des chartes, e máis tarde foi designado profesor de arqueoloxía medieval e mais tamén asumiu en 1849 o posto de profesor de diplomáticaINHA daquela escola, que dirixiu desde 1871 ata a súa morte. Cara ao final da súa vida comezou a transcribir as leccións de arqueoloxía, que se publicaron postumamente.

Obras Procès de condamnation et de réhabilitation de Jeanne d'Arc (5 vol. 1841-1849) Aperçus nouveaux sur l'histoire de Jeanne d'Arc (1850) Thomas Basin (1855-1859) L'Alésia de César rendue à la Franche-Comté (1857) Histoire de sainte Barbe (1860-1864) De la formation française des anciens noms de lieu (1868) Histoire du costume en France (1875) Rodrigue de Villandrando (1879) Mélanges d'archéologie et d'histoire (1885-1886), póstumo.

Notas

Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1814 Categoría:Finados en 1882