Manuel Pérez Pérez, nado en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) o 10 de xuño de 1862, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Estudou en Tui e aos dez anos emigrou a Porto. Dous anos despois embarcou con destino ao Brasil, onde foi capitán dun barco que realizaba travesías polos ríos do Mato Groso. Viviu unha tempada en Paraguai, e despois asentouse en Buenos Aires en 1893. Traballou no Banco Gallego do que foi contador dende a súa fundación. Publicou o seu primeiro traballo literario nun xornal do Río de Xaneiro, e despois colaborou con artigos, contos, poesías e crónicas en O Iniciador de Corumbá, La Democracia de Asunción, El Eco de la Pátria, La Infancia e El Pueblo de Goya, La Bandera Nacional de Curuzú Cuatiá, La Acacia, La Aurora, El Cascabel, La Prensa e a revista Caras y Caretas, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego. Empregou en moitos dos seus traballos o pseudónimo de Numael Ezper.

Obras A la vejez, viruelas, 1890. El gobierno Rodriguista, 1905. La Revolución Malezalera, 1909. Sonetos, 1916.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas ¿Quién era Manuel Pérez Pérez?

Categoría:Xornalistas de Salceda de Caselas Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 1862 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido