Peleiades ( Πελειάδες, pombas) eran as mulleres sagradas de Zeus e a Deusa nai, Dione, do santuario de Dodona.
Píndaro fixo referencia ás "peleiades" como un grupo de pombas, pero a relación é aí antes poética que mítica. No entanto, a carroza de Afrodita foi empuxada por un grupo de pombas. O elemento mítico dunha pomba negra que iniciou o oráculo de Dodona, o cal foi relatado a Heródoto no século V, pode ter sido unha tentativa dun relato de etimoloxía popular usada para o nome arcaico das mulleres sagradas, pero que deixou de ter sentido (un mito etiolóxico).
Pausanias, cando describe as varias sibilas, cita a Fenis, filla dun rei dos cáones, e as Peleiae (pombas) de Dodona como oráculos inspirados por deusesPausanias (xeógrafo), Descrición de Grecia, 10.12.10. Non precisa unha data para o nacemento das Peleiades, pero di que elas naceran antes de Fenis, sendo que esta naceu cando Antígono Gónatas estaba establecendo o seu reino (281 - -280).
Posibelmente o pel- estaba orixinalmente conectado con negro ou lamacento en nomes como Peleu ou Pélops, o ático polios, o dórico peleios, PIE *pel-, "cinza". As Peleiades son con frecuencia confundidas coas ninfas Pléiades.Herodoto. Historias, 2.54.1.SGA - International Association Terra Antiqua Balcanica, Institute for the Study of Man. The Journal of Indo-European Studies, p. 473.Yonge, p. 783.Hutchinson, p. 90.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ateneo, (trad. ao inglés por Charles Duke Yonge). The Deipnosophists, Or, Banquet of the Learned of Athenaeus. Henry G. Bohn, 1867 (Original from Harvard University). Hutchinson, G. O. Greek Lyric Poetry: A Commentary on Selected Larger Pieces. Oxford University Press, 2001. ISBN 0-19-924017-5
Ligazóns externas
Greek Myth Index - Peleiades
Categoría:Sacerdotes Categoría:Mulleres na mitoloxía grega Categoría:Relixión da Grecia antiga