O Trypanosoma (tripanosoma) é un xénero de protistas cinetoplástidos (clase Kinetoplastida), un grupo monofilético de protozoos unicelulares parasitos flaxelados. O nome deriva do grego trypano (broca) e soma (corpo) porque se moven cun movemento en espiral como un sacarrollas. Todos os tripanosomas requiren máis dun hóspede obrigatorio para completar o seu ciclo de vida e transmítense por medio dun animal vector. A maioría das especies son transmitidas por invertebrados hematófagos, pero utilizando diferentes mecanismos segundo as especies. No hóspede invertebrado atópanse xeralmente no intestino, e no hóspede vertebrado aparecen normalmente no sangue ou dentro das células.

Os tripanosomas infectan unha variedade de hóspedes e causan varias doenzas, entre as cales hai doenzas humanas importantes como a enfermidade do sono (ou tripanosomíase africana), causada polo Trypanosoma brucei, e a enfermidade de Chagas, causada polo Trypanosoma cruzi.

O xenoma mitocondrial do Trypanosoma, e a doutros cinetoplástidos, coñecido como cinetoplasto, está feito dunha serie complexa de círculos concatenados e minicírculos e require un conxunto de proteínas para a súa organización durante a división celular.

Historia

A primeira especie do xénero Trypanosoma que froi identificada foi atopada na troita por Gabriel Valentin en 1841. Non foron identificadas nos mamíferos ata 25-30 anos máis tarde.

Principais especies miniatura|dereita|350 px|Trypanosoma cruzi. As dúas especies máis importantes por ser parasitos humanos relevantes son Trypanosoma brucei (enfermidade do sono) e Trypanosoma cruzi (enfermidade de Chagas), pero hai outras especies que parasitan a moitos vertebrados. As especies máis importantes de Trypanosoma son as seguintes: T. ambystomae. en anfibios T. antiquus, extinto (fósil atopado en ámbar do Eoceno) T. avium, que causa tripanosomíase en aves T. boissoni, en peixes elasmobranquios T. brucei, que causa a enfermidade do sono ou tripanosomíase africana nos humanos e a nagana no gando vacún (doenza parecida á enfermidade do sono humana) T. cruzi, que causa a enfermidade de Chagas nos humanos T. congolense, que causa o nagana no gando ruminante, e en cabalos e moitos outros animais silvestres T. equinum, en cabalos do América do Sur, transmitidos por insectos tabánidos T. equiperdum, que causa unha enfermidade de transmisión sexual nos cabalos e outros équidos, que se pode contaxiar por vía sexual sen utilizar un vector T. evansi, que causa unha das formas da enfermidade chamada surra en certos animais (só se informou dun caso de infección en humanos en 2005 na India que foi tratado exitosamente con suramina) T. everetti, en aves T. hosei, en anfibios T. irwini, en coalas T. lewisi, en ratas T. melophagium, en ovellas, transmitidos polo insecto díptero Melophagus ovinus T. paddae, en aves T. parroti, en anfibios T. percae, no peixe Perca fluviatilis T. rangeli, que se cre non é patóxeno para os humanos T. rotatorium, en anfibios T. rugosae, en anfibios T. sergenti, en anfibios T. simiae, que causa a nagana en porcos. Os seus principais reservorios son o xabarín verrugoso e porcos silvestres T. sinipercae, en peixes T. suis, que causa unha forma diferente de surra T. theileri, un gran tripanosoma que infecta aos ruminantes T. triglae, en peixes teleósteos mariños T. vivax, que causa a enfermidade nagana, principalmente en África Occidental, aínda que tamén se estendeu a América do Sur

Ciclos vitais e morfoloxías miniatura|dereita|As seis morfoloxías principais dos tripanosomátidos.

Existen dous tipos de tripanosomas diferentes, con ciclos de vida diferentes, as especies salivarias e as estercorarias.

Os tripanosomas estercorarios infectan insectos, xeralmente o Triatoma, desenvólvese na parte posterior do seu aparato dixestivo e os protozoos infectivos son liberados nas feces, que son depositadas na pel do hóspede. O organismo entón penetra e pode diseminarse polo corpo. Os insectos volven a infectarse cando se alimentan de sangue do hóspede. Destaca o T. cruzi.

Os tripanosomas salivarios desenvólvense na parte anterior do aparato dixestivo do insecto (probóscide, hipofarinxe), e o vector máis importante é a mosca tse-tse. Os organismos infectivos son inoculados no hóspede cando pica e segrega saliva antes de alimentarse. Destaca T. brucei.

A medida que os tripanosomas progresan no seu ciclo vital van sufrindo unha serie de cambios morfolóxicos como ocorre en todos os tripanosomátidos. O ciclo vital xeralmente presenta unha forma tripomastigota no hóspede vertebrado e unha forma tripomastigota ou promastigota no aparato dixestivo do hóspede invertebrado. Na fase intracelular do ciclo de vida o protozoo está normalmente na forma amastigota. Nos tripanosomátidos a morfoloxía tripomastigota é exclusiva das especies do xénero Trypanosoma, na que o flaxelo percorre toda a célula formando unha membrana ondulada.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cinetoplasto

Ligazóns externas Tree of Life: Trypanosoma

Categoría:Protistas Categoría:Escavados Categoría:Euglenozoos