Benigno Lema Mejuto, nado en Vigo o 12 de setembro de 1964, é un exfutbolista e adestrador galego que xogaba na demarcación de defensa, máis coñecido como Nino Lema.
Traxectoria Como futbolísta Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, tras dúas cesións a Arosa SC e CD Alcoyano debutou co primeiro equipo o 31 de agosto de 1985 ante a Real Sociedad. Esa primeira tempada disputa 27 encontros, anotando un gol, o equipo rematou descendendo a Segunda División.
A tempada seguinte colabora ao ascenso disputando 37 encontros. Esta sería a súa última tempada en Vigo xa que na 1987/88 ficha polo RCD Mallorca. Porén non tería demasiada continuidade polo que ficha polo CD Tenerife, RCD Espanyol e Rayo Vallecano en anos sucesivos. Finalmente asentase no equipo madrileño, onde militou seis tempadas, alternando Primeira e Segunda División.
Como adestrador Como técnico comezou adestrando o Club Deportivo Ciempozuelos, o Torrellano CF, Santa Pola CF, Pego CF e FC Jove Español, todos eles en Terceira División. Entre os anos 2007 e 2011 dirixiu o CD Denia, en Segunda División B, salvo unha breve aventura no Alicante CF na tempada 2008/09 na que foi destituído o 7 de decembro.
Na actualidade é mestre dos aspirantes a adestrador de fútbol da Federación de Fútbol da Comunidade Valenciana na súa delegación de Alacant.
Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Adestradores do Orihuela CF Categoría:Adestradores do Alicante CF Categoría:Adestradores do Ontinyent CF