350px|miniatura|A Comunidade Foral de Navarra dividida nos cinco meiriñados históricos coas respectivas capitais. Os meiriñados (en castelán: merindades, en éuscaro: merindadeak) son territorios que estaban baixo a xurisdición do meiriño, un oficial público encargado da administración económica, financeira e xudicial dun territorio. Establecéronse tras a conquista do territorio occidental do reino de Navarra (Duranguesado, Señorío de Biscaia, Áraba e Guipúscoa) en 1200, para establecer un sistema defensivo do resto do territorio. Cada meiriño mantiña os castelos en perfecto estado e controlaba a actividade militar. Xa no século XIII, en tempo do rei Teobaldo II (1253-1270), delimitáronse catro meiriñados: Montaña ou Pamplona, Sangüesa, Tierra Estella e Ribera ou Tudela, e dotóuselles dunha organización máis racional e eficaz. En 1407 creouse o meiriñado de Olite, composto por distintas localidades anteriormente situadas en Sangüesa, Tudela e Estella.
Cada meiriñado establecía un centro urbano principal: Pamplona na montaña, Sangüesa e Estella nos seus respectivos meiriñados, Tudela na Ribera e Olite no meiriñado do seu nome. A importancia de cada un tiña que ver coa suma de varios factores: a súa actividade económica como centro artesán e comercial, a súa densidade demográfica, a súa situación estratéxica e os seus castelos e murallas.Atlas de Navarra, Geografía e Historia, páx 16, edita: 2006 Departamento de Educación del Gobierno de Navarra e EGN Comunicación, ISBN 84-934512-1-5
Os partidos xudiciais abarcan o mesmo territorio que os meiriñados e en tres casos as capitais son as mesmas (Pamplona, Tudela e Estella). Os partidos xudiciais de Aoiz e Tafalla corresponden aos meiriñados de Sangüesa e Olite respectivamente.Atlas de Navarra, Geografía e Historia, páx 17, edita: 2006 Departamento de Educación del Gobierno de Navarra e EGN Comunicación, ISBN 84-934512-1-5
Meiriñados Meiriñado Poboación (2011) Extensión (km²) Capital Concellos Meiriñado de Estella 66.317 2.068,6 Lizarra 72 Meiriñado de Olite 48.037 1.387,32 Olite / Erriberri 27 Meiriñado de Pamplona 349.839 2.438,2 Pamplona-Iruña 86 Meiriñado de Sangüesa 82.503 2.070,8 Sangüesa / Zangoza 64 Meiriñado de Tudela 97.576 1.526,7 Tudela 23
Notas
Véxase tamén Outros artigos Comarcas de Navarra
Categoría:Xeografía de Navarra