The Strange Case Of... é o segundo álbum de estudio da banda americana Halestorm, o cal foi publicado o 10 de abril de 2012. Este contén as cancións que formaban parte do EP Hello: It's Mz Hyde, que xa fora publicado en xaneiro de 2012EP Hello: It's Mz Hyde e contaron co mesmo produtor do seu primeiro álbum, Howard Benson. O primeiro single Love Bites (So Do I), alcanzou moi rápido os primeiros postos das listas Billboard, destacando que se converte na primeira banda liderada por unha muller en alcanzar o primeiro posto na lista Active Rock da radio nos Estados Unidos de AméricaHalestorm fai historia.

Listaxe de cancións

Love Bites (So Do I) – 3:11 Mz. Hyde – 3:22 I Miss The Misery – 3:03 Freak Like Me – 3:38 Beautiful With You – 3:16 In Your Room – 2:46 Break In – 4:45 Rock Show – 3:19 Daughters Of Darkness – 3:55 You Call Me A Bitch Like It's A Bad Thing – 3:11 American Boys – 3:28 Here's to Us – 2:59

Cancións extras

A edición Deluxe do álbum, contén a maiores as seguintes cancións:

Don't Know How to Stop – 3:54 Private Parts (con James Michael de Sixx:A.M.) - 3:59 Hate It When You See Me Cry – 3:11 Here's to us [Guest Version] - 3:15

Singles e videografía

En febreiro de 2012 presentan este segundo álbum cun vídeo para o que é o primeiro single, Love Bites (So Do I). Nese mesmo mes, Here's to Us convértese no segundo single, e dáse a coñecer mediante a serie televisiva da FOX “Glee”, poidéndose escoitar no episodio 14 da terceira temporadaHere's to Us en Glee. En maio de 2012, publican un vídeo para a canción Freak Like Me con imaxes en vivo, coa intención de promover a xira que realizaran no verán dese mesmo ano. O 20 de xuño de 2012 dáse a coñecer o vídeo do que sería o novo single I Miss The Missery. O 9 de xullo do mesmo ano publican un vídeo, coa intención de promover a xira europea, que conta coa canción Rock Show. O 11 de febreiro de 2013 publican outro vídeo para a canción Freak Like Me, como agradecemento a todos os seus fans que asistiron aos seus concertos

Créditos

Lzzy Hale - Voz, guitarra, teclado Arejay Hale - batería, percusión, voz secundaria Joe Hottinger - guitarra, voz secundaria Josh Smith - baixo, voz secundaria

Notas

Categoría:Álbums de Halestorm Categoría:Álbums de Atlantic Records Categoría:Álbums musicais de 2012