María López Sández, nada en Lugo o 17 de setembro de 1973, é unha filóloga e ensaísta galega.
Traxectoria Fixo o bacharelato no IES Lucus Augusti e fixo a licenciatura en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada por esta universidade coa tese A descrición topográfica, o seu papel na construción dun imaxinario cultural no discurso literario galego ("Cantares gallegos", "Arredor de si" e o ciclo textual de "Tagen Ata"). Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia. Impartiu docencia no ensino secundario (no CPI Fonte Díaz de Touro e no IES Xulián Magariños de Negreira), sendo tamén profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da USC. O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, así como no estudo da cartografía como semiótica do espazo.
É autora de artigos e estudos sobre Rosalía de Castro (Rosalía e a paisaxe galega, Os efectos da aculturación en “El cadiceño” de Rosalía de Castro”). Participou en Congresos Internacionais con relatorios sobre Rosalía (O ensaio como subtexto na prosa de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, novas perspectivas de análise).
En 2022 foi escollida académica de número da Real Academia Galega. Pronunciou o seu discurso de ingreso (Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego) o 11 de marzo de 2023. Exerce o cargo de tesoureira da Real Academia Galega desde o 4 de abril de 2025.
En 2026 asumiu a dirección da revista Grial.
Obra en galego Ensaio Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio (2008). Galaxia. 216 páxs. ISBN 978-84-9865-130-0. Illados. Diario da pandemia (2020). Galaxia. Con fotografías de Miguel Muñiz. 148 páxs. ISBN 978-84-9151-480-0. Movendo os marcos do patriarcado en coautoría con Marilar Aleixandre. 2021 Traducido ao castelán polas propias autoras.
Narrativa A forma das nubes (2012). Galaxia. 98 paxs. 2ª Ed. en 2014. ISBN 978-84-9865-469-1. En castelán La forma de las nubes (2015). Mar Maior. Tradución Xosé Antonio López Silva. O faro escuro (2015). Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-591-9. A noite da deusa (2020). Galaxia, Costa Oeste. 220 páxs. ISBN 978-84-9151-469-5.
Obras colectivas Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9. Premios Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2007, por Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio. Premio Narrativa Breve Repsol no 2012, por A forma das nubes. Finalista do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia por O faro escuro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Inma Otero entrevista a María López Sández Culturgal 2012. María López Sández: A forma das nubes. YouTube. 24/01/2013.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela