A BRILAT, ou Brigada de Infantería Ligera "Galicia" VII, é unha unidade de infantaría lixeira do Exército de Terra de España, encadrada dentro das Forzas Lixeiras. Foi creada en 1966 coa denominación inicial de Brigada de Infantería Aerotransportable, e ten participado en diversas operacións multinacionais en países coma Bosnia e Hercegovina, Kosovo, Iraq, Paquistán, Líbano, Afganistán, Malí e Eslovaquia. Cambios de denominación A través dos seus anos de existencia o nome de Brigada de Infatería Aerotransportable deu paso a Brigada de Infatería Ligera Aerotransportable, máis tarde a Brigada de Infatería Ligera Aerotransportable "GALICIA" VII e por último a Brigada de Infatería Ligera "GALICIA" VII - BRILAT.
Localización miniatura|Banda de guerra da BRILAT.|esquerda Dende 1988 a maioría das súas unidades atópanse en Pontevedra, actualmente na Base General Morillo, que ocupa terreos da parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra, e unha pequena parte da de Figueirido, concello de Vilaboa. Esta base está integrada por uns 2 400 efectivos, dos cales ó redor de 1 700 son galegos. A porcentaxe de mulleres é dun 11%.Una "empresa" con 2 500 trabajadores, artigo de Faro de Vigo do 1 de maio de 2012 .
En Siero, Asturias, hai un rexemento de infantaría, e en Santovenia de Pisuerga, Valladolid, un grupo de cabalaría de recoñecemento.
Armamento e vehículos Entre o armamento que ten de dotación individual está as pistolas Llama M-82 e HK USP, fusís HK G36, 12'70 Barret e Accuracy 7'62, e lanzafoguetes Instalaza C-90.Brigada de Infantería Ligera 'Galicia' VII, materiais.
Como armamento colectivo emprega sistemas coma a metralladora MG3, morteiros, o lanzagranadas LAG 40, o obús 105/37 Light Gun, os mísiles contracarro TOW e MILAN, ou o mísil antiaéreo Mistral.
Dispón de variedade de vehículos lixeiros e pesados, algúns deles procedentes do construtor galego URO e outros dos fabricantes Santana, Nissan, Iveco, Pegaso ou BAE Systems.
Ten blindados a rodas Centauro, e VEC, porén, cando actúa en zona de operacións, emprega outros de máis recente adquisición, coma o Iveco LMV Lince ou o RG-31 Nyala, especialmente deseñados para a protección dos tripulantes contra artefactos explosivos.
Máis materiais dos que fai uso son o radioteléfono PR4-G ou o radar RAVEN.
Participacións en misións internacionais En 1995 comezou a participación da BRILAT en misións internacionais, no marco das Nacións Unidas ou da OTAN. Bosnia e Hercegovina, nos anos 1995, 1997 e 1999. Kosovo, anos 2000, 2002 e 2008. Iraq no ano 2003.No contexto da Guerra de Iraq, foi a única misión internacional na que participou na que non estaba integrada nunha estrutura nin da ONU nin na NATO. Paquistán, tralo terremoto de Caxemira de 2005. Afganistán, anos 2005, 2006, 2008, 2009, 2010 e 2012. Líbano, nos anos 2007, 2009 e 2019. Malí en 2019. Nelas varios integrantes da BRILAT perderon a vida en diversas circunstancias. Operacións en territorio nacional Nos anos 2002 e 2003 traballou na limpeza do chapapote das praias galegas tralo desastre do Prestige.
Tralos atentados do 11 de marzo de 2004, persoal da brigada patrullou estacións e vías de ferrocarril durante meses.
A BRILAT patrulla tódolos anos os montes galegos en tempada estival, en prevención dos incendios forestais.
Xefatura A xefatura correspondeulle, dende 2009 ata 2014, ao xeneral de brigada ourensán José Antonio Alonso Miranda,Orden por la que se nombra Jefe de la Brigada de Infantería Ligera «Galicia» VII ... BOD n.º 228 de 28 de novembro de 2009. de 2014 a 2019 a Luis Cebrián Carbonell"Defensa excluye a la Brilat de sus planes de reducción..." Faro de Vigo 20/1/14 . e dende 2019 a Luis Cortés Delgado.
Recoñecementos En 1995 a brigada recibiu a Medalla de Ouro de Galicia, e en 2011 a Medalla de Ouro da Deputación de Pontevedra.
Estrutura
Notas
Véxase tamén
Bibliografía (2015): "El establecimiento del CIR en Figueirido", pp. 169–174, en Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 .
Outros artigos Pablo Morillo Militares galegos falecidos en misións internacionais
Ligazóns externas BRILAT na web do Exército de Terra de España .
Categoría:Exército de Terra de España Categoría:Pontevedra Categoría:Vilaboa Categoría:Medalla de Ouro de Galicia Categoría:Economía de Pontevedra Categoría:Unidades militares