Manuel Eduardo Berizzo, nado en Cruz Alta, Marcos Juárez (Córdoba) o 13 de novembro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección arxentina. Dende 2022 é o seleccionador de Chile.

Traxectoria Comezou a súa carreira futbolística no Newell's Old Boys, onde disputou durante 5 tempadas máis de 100 partidos e gañando dous títulos de Liga. No ano 1993 deixaría Arxentina para alistarse no Atlas de Guadalajara mexicano, volvendo despois desa aventura ao River Plate, club co que xogaría ata o ano 2001 coa excepción dunha breve estancia no Olympique de Marsella. No club Millonario gañaría outros tres títulos da Liga Arxentina.

Na tempada 2001–02 fichou por un club europeo, o Celta de Vigo onde durante as 5 tempadas nas que militou faría gala da súa solvencia defensiva e da súa capacidade de mando, actuando nos seus últimos anos en Vigo como axudante do adestrador Fernando Vázquez.

No ano 2005 fichou polo Cádiz CF, entón en Primeira División, club no que se retiraría ao rematar esa mesma tempada.

Como xogador foi un home de garantías na defensa, sabendo cando incorporarse proporcionando sempre algún gol ao longo da tempada. Posteriormente exerceu como técnico, sendo axudante de Marcelo Bielsa á fronte da selección chilena de fútbol durante o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010.

Adestrador O 19 de maio de 2014 foi anunciado como novo adestrador do Celta de Vigo, en substitución de Luis Enrique.Berizzo dirigirá al Celta dos temporadas; Faro de Vigo, 19 de maio de 2014

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados na provincia de Córdoba, Arxentina Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Newell's Old Boys Categoría:Xogadores do Atlas de Guadalajara Categoría:Xogadores do CA River Plate Categoría:Xogadores do Olympique de Marsella Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores de fútbol da Arxentina Categoría:Adestradores do Estudiantes de la Plata Categoría:Adestradores do Club Deportivo O'Higgins Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do Sevilla FC Categoría:Adestradores do Athletic Club Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Paraguai Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Chile