Hans Theodor Woldsen Storm, nado o 14 de setembro de 1817 en Husum (Schleswig-Holstein), daquela parte de Dinamarca (hoxe Alemaña) e finado o 4 de xullo de 1888 en Hademarschen, foi un escritor xermano-dinamarqués en lingua alemá.

Traxectoria Storm naceu en Husum (die graue Stadt am grauen Meer, "a cidade gris á beira do mar gris"), na costa occidental de Schleswig-Holstein. Mentres era estudante de dereito, publicou o seu primeiro volume de obras en verso, canda os irmáns Tycho e Theodor Mommsen. Traballou como avogado en Schleswig-Holstein, pero emigrou a Thuringen en 1851, e non regresou até 1864, cando Schleswig-Holstein volveu ser alemán.

Escribiu varias historias, poemas e novelas. As súas dúas obras máis coñecidas con Immensee (1849) e Der Schimmelreiter (traducida ó galego como O xinete do cabalo branco), publicada por vez primeira en abril de 1888 no Deutsche Rundschau. Outras obras publicadas inclúen un volume de poemas (1852), a novela Pole Poppenspäler (1874) e mais Aquis submersus (1877), tamén novela.

Influencias Os seus poetas favoritos eran Joseph von Eichendorff e Eduard Mörike, e a influencia do primeiro é notable. Durante unha visita a Baden-Baden no verán de 1864, convidado polo seu amigo, o escritor e pintor Ludwig Pietsch, coñeceu a Iván Turgénev. Durante varios anos intercambiaron correspondencia e copias dos seus traballos.

Obra Der kleine Häwelmann. Märchen. 1849 Immensee. Novela. Berlín, Duncker 1851 Die Stadt. 1852 Im Sonnenschein. Berlín, 1854 Gedichte. Berlín, Schindler 1856 Auf dem Staatshof. 1859 Veronica. 1861 Im Schloß. Leipzig, 1862, Nr. 10–12 Auf der Universität. Münster, Brunn 1863 Die Regentrude. Märchen. 1863 Viola tricolor. Novela. 1874 Pole Poppenspäler. Novela. Braunschweig, Westermann 1875 Aquis submersus. Novela. Berlín 1877 Carsten Curator. Novela. Berlín 1878 Renate. Novela. 1878 Die Söhne des Senators. Novela. 1880 Hans und Heinz Kirch. Novela. Berlín 1883 Zur Chronik von Grieshuus. Novela. Berlín 1883-1884 Bötjer Basch. Berlín 1887 Ein Doppelgänger. 1887. Tamén publicado co título John Glückstadt. Es waren zwei Königskinder. Berlín, 1888 O xinete do cabalo brancoTraducido por Rosa Marta Gómez Pato e publicado pola Editorial Hugin e Munin en 2015. (no orixinal en alemán, Der Schimmelreiter). Novela. Berlín, 1888 Schlaflos Ich bin mir meiner Seele Knecht Ruprecht Sturmnacht Weihnachtslied

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Theodor Storm

Categoría:Escritores en lingua alemá