Eugenio Montero Villegas, nado en Madrid en novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1917, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Eugenio Montero Ríos e Avelina Villegas Rubiños. Estudou Dereito en Madrid e licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Como sucedeu co seu irmán Avelino, aos vinte e cinco anos, a familia situouno no distrito de Cambados, aproveitando que a finais de xuño de 1898 morreu o deputado deste distrito Antonio Díaz de Rábago. A partir das eleccións de 1899 e ata 1916 saíu elixido deputado por Muros en sete lexislaturas consecutivas. Foi director xeral de Agricultura (1906) e subsecretario de Graza e Xustiza e de Instrución Pública. Vida perosal
Casou con Josefina Becerra Malvar, filla de Manuel Becerra Armesto.
Véxase tamén Ligazóns externas "O poder do caciquismo e as sagas dos Montero e dos Bugallal en Muros no primeiro tercio do século XX" (23/10/2009) Homes de pedra en barcos de pau. Anatomía dunha rede caciquil CCG.
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1917 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra