José Becerra Armesto, nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1916, foi un xornalista, escritor e político galego.
Traxectoria Fillo de Gonzalo Becerra Llamas e Carmen Armesto, irmán de Manuel e Joaquín Becerra Armesto. Foi redactor en Madrid de La Nación (1864-1866) e La Prensa (1880). Trasladado a Pontevedra, colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Revista de Galicia e foi redactor de La Izquierda Dinástica (1893). En 1901 dirixiu La Discusión. Encadrado no Partido Liberal e seguidor de Montero Ríos, foi xefe da sección de Belas Artes do Ministerio de Fomento e gobernador civil de Ourense e Córdoba (1898). Publicou "El verano en Galicia", na Revista de España (1875); Una excursión a Extremadura (1879) e Las torres de Altamira. Leyenda compostelana, como folletín de El Correo Gallego, dende o 11 de abril de 1885.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Xenealoxía Becerra Llamas
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Gobernadores civís de Córdoba Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1916 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público