Dejan Joksimović (en serbio cirílico: Дejaн Joкcимoвић), nado en Belgrado o 10 de xaneiro de 1965, é un exfutbolista serbio que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria Na extinta República Federal Socialista de Iugoslavia Dejan gañou o Campionato con dous equipos diferentes, co Estrela Vermella (1987-88 e 1990-91) e co FK Vojvodina (1988-89), e a Supercopa de Iugoslavia co FK Partizan en 1989.
En 1992 ficha polo CD Lugo que aquela tempada disputaba a Segunda División na tempada 1992-1993, descendendo ao final da mesma.
Unha vez retirado do fútbol en activo traballou profesionalmente como representante de futbolístas, entre os seus clientes están por exemplo os serbios Milš Krasić, Branislav Ivanović ou Milan Jovanović, porén os máis coñecidos son Ivica Olic e Nemanja Vidic.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en BDFútbol
Categoría:Nados en Belgrado Categoría:Nados en 1965 Categoría:Futbolistas de Iugoslavia Categoría:Futbolistas de Serbia Categoría:Xogadores do FK Partizan Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Estrela Vermella de Belgrado Categoría:Xogadores do FK Vojvodina Categoría:Xogadores do OFK Beograd