O HC CSKA Moscova (en ruso ЦСКА Москва, abreviatura de Centralnyi Sportivnyi Klub Armii) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Moscova (Rusia). Actualmente compite na KHL e xoga os seus partidos como local no CSKA Ice Palace, un pavillón con capacidade para 5.600 espectadores. É coñecido en occidente como o Equipo do Exército Vermello pola súa antica filiación co Exército Vermello, as forzas armadas da URSS. O HC CSKA gañou máis campionatos soviéticos e copas de Europa que calquera outro equipo na historia.

Denominacións CDKA (ЦДКА ): 1946-52 LRCDAS (ЦДСА): 1952-54 CSK MO (ЦСК МО): 1955-59 CSKA (ЦСКА): 1960-

Personalidades Xogadores Líderes históricos O xogador que máis veces vestiu a camisola do CSKA foi Vladimir Vikulov, que disputou un total de 518 partidos co equipo moscovita. Por outra banda, Sergei Makarov é o xogador que máis puntos e asistencias conseguiu para o equipo, mentres que Boris Mikhailov é o máximo goleador histórico do equipo. Estes son os cinco mellores xogadores na historia do equipo en puntos, goles e asistencias:

''Nota: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; P/G = Puntos por partido

Puntos Xogador Pos PX G A Pts P/G Sergei Makarov F 472 303 375 678 0.90 Vladimir Petrov F 495 346 325 671 1.05 Boris Mikhailov F 500 391 205 596 1.02 Valeri Kharlamov F 436 293 212 505 1.07 Vladimir Krutov F 438 288 215 503 0.86

Goles Xogador Pos G Boris Mikhailov F 391 Veniamin Alexandrov F 351 Vladimir Petrov F 346 Anatoli Firsov F 330 Sergei Makarov F 303

Asistencias Xogador Pos A Sergei Makarov F 375 Vladimir Petrov F 325 Vyacheslav Fetisov D 222 Vladimir Krutov F 215 Valeri Kharlamov F 212

Números retirados O CSKA ten retirado catro dorsais.

Números retirados do CSKA Moscova NºXogadorPosiciónCarreira 2 Vyacheslav Fetisov D 1978–89, 2009 17 Valeri Kharlamov F 1967–81 20 Vladislav Tretiak G 1968–84 24 Sergei Makarov F 1978–89

Palmarés 32 Campionatos da URSS: 1948, 1949, 1950, 1955, 1956, 1958, 1959, 1960, 1961, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1970, 1971, 1972, 1973, 1975, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989 15 Copas da URSS: 1954, 1955, 1956, 1961, 1966, 1967, 1968, 1969, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1979, 1988 20 Copas de Europa: 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1976, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990 1 Spengler Cup: 1991

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do HC CSKA

CSKA CSKA