Borja Golán Santín, nado no Milladoiro o 6 de xaneiro de 1983, é un ex xogador profesional de squash galego. Proclamouse 17 veces campión de España e está considerado o mellor xogador español de squash da historia.

Traxectoria miniatura|Nunha entrevista en 2017. Nós Televisión. Comezou a súa carreira profesional no ano 2002 gañando ese mesmo ano o Open de Italia e proclamándose campión de España en Palma de Mallorca. Dende ese momento e ata 2019 gañou todos os partidos que disputou en España, ata que perdeu un partido por primeira vez en 17 anos fronte a Edmon López. Nese período gañou o campionato de España en 16 ocasións, todas excepto a edición de 2010, que non puido disputar pola rotura do ligamento cruzado anterior que sufriu en Bogotá, no Aberto de Colombia, xusto despois de colocarse como número 10 da clasificación mundial ao acadar a final de dito torneo.

En 2006 proclamouse subcampión de Europa tras xogar a final contra o francés Grégory Gaultier, posto que repetiu en 2012, cando perdeu na final contra o finés Olli Tuominen. En 2014 alcanzou o posto número 5 do mundo e ao ano seguinte quedou de novo subcampión europeo perdendo na final de novo contra Gaultier. Finalmente en 2016, en Praga, converteuse por primeira vez en campión de Europa, ao gañar na final do torneo ao mesmo Gaultier por 3-2. Tras quedar terceiro en 2017, gañou de novo o título continental en 2018, ao vencer na final ao británico George Parker por 3-2. En 2019 alcanzou de novo a final europea, mais non puido gañar ao alemán Raphael Kandra.

En febreiro de 2022 proclamouse por 17ª vez campión de España, tras derrotar na final do campionato ao catalán Iker Pajares, contra o que perdera as dúas anteriores finais.

Recoñecementos Foi elixido varias veces mellor deportista de Ames e a pista de squash de Bertamiráns leva o seu nome.

En 2024 foi Medalla Castelao.

Palmarés Campión de Europa en 2016 e 2018.Borja Golán, campeón de Europa por segunda vez 17 campionatos de España.Borja Golán gana en Montreal su título 32 del Circuito Mundial de Squash 32 campionatos do circuíto mundial de squash.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Borja Golan en SquashInfo .

Categoría:Deportistas de Galicia Categoría:Nados en Ames Categoría:Nados en 1983 Categoría:Xogadores de squash de Galicia Categoría:Medallas Castelao