miniatura|250px|Nilgó (Boselaphus tragocamelus). A dos bovinos (Bovinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes pertenente á familia dos bóvidos.
Consta de 10 xéneros cunhas 25 especies,Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 442-444. distribuídas en tres tribos.
Aspectos xerais Os bovinos son ruminantes distribuídos por todos os continentes, e teñen unha enorme importancia económica como fonte de carne e leite para o home. Son ungulados de tamaño medio a grande, e inclúen o boi doméstico, os bisontes, os búfalos, o iac, os antílopes de catro cornos (boselafinos) e os de cornos espiralados (estrepsicerotinos), como os eláns.
As relacións evolutivas entre os membros do grupo son escuras, e a súa clasificación en tribos reflicte esta incerteza. As características xerais inclúen a presenza de cascos e xeralmente polo menos un dos sexos de cada especie teñen cornos "verdadeiros".
A tribo dos boselafinos (Boselaphini) ou antílopes de catro cornos inclúe os últimos sobreviventes con formas moi similares ás dos antepasados de toda a subfamília. As dúas especies actuais da tribo teñen características anatómicas e comportamentais semellantes e as femais non teñen cornos. Son nativos dos bosques da India ou das sabanas arbustivas e arboradas africanas, e tenden a evitar planicies abertas. O nilgó foi introducido no sur de Texas, onde unha poboación de pouco máis de dez mil animais proporciona algunha seguranza para a súa supervivencia.
A tribo dos bovininos (Bovini) está composta por grandes animais que pastan nas praderías, incluíndo animais de significativa importancia económica, como o gando doméstico, os búfalos, o iac, así como outros parentes asiáticos menores, e grandes bovinos salvaxes como o búfalo africano e o bisonte americano.
Os membros das tribos dos Boselaphini e dos Bovini son na súa maioría asiáticos, entanto que os membros da tribo dos Strepsicerotini, os antílopes de cornos espiralados, encóntranse soamente en África. Os membros deste grupo tenden a ter tamaño grande, pescozo longo e dimorfismo sexual considerábel. Sete das súas nove especies están clasificadas como de baixo risco, pero precisan medidas de conservación, mentres que as dúas restantes, o elán común ou do Cabo e o grande elán están seguros.
Clasificación miniatura|250px|Bisonte americano (Bison bison) no Parque Nacional de Yellowstone.
miniatura|250px|Grande elán (Taurotragus derbianus).
Segundo Mammal Species of the World a subfamilia dos bovinos está integrada polos xéneros e especies que se listan a continuación.Wilson, Don; Reeder, DeeAnn, eds. (2005): Mammal Species of the World (3ª edición). Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-0. Inclúese Bos gaurus recoñecido pola IUCN.Duckworth, J. W., Steinmetz, R., Timmins, R. J., Anak Pattanavibool, Than Zaw, Do Tuoc & Hedges, S. (2008): Bos gaurus. Lista Vermella de especies ameazadas da IUCN. 2010.Kowalski, K., Op. cit., pp. 444.
Subfamilia Bovinae Tribo Bovini' Xénero Bos Bos primigenius (†) - uro Bos javanicus - banteng Bos gaurus - gauro Bos frontalis - gaial (gauro doméstico) Bos grunniens - iac Bos taurus - boi doméstico (considerado cada vez máis como subespecie de Bos primigenius) Bos indicus - cebú Bos sauveli - cuprei Xénero Bison - bisontes Bison bison - bisonte americano Bison bonasus - bisonte europeo Xénero Bubalus Bubalus bubalis -búfalo acuático Bubalus depressicornis - anoa das chairas Bubalus quarlesi - anoa de montaña Bubalus mindorensis - tamarao Xénero Pseudoryx Pseudoryx nghetinhensis - saola Xénero Syncerus Syncerus caffer - búfalo africano ou búfalo cafre Tribo Boselaphini Xénero Boselaphus Boselaphus tragocamelus - nilgó Xénero Tetracerus Tetracerus quadricornis - antílope de catro cornos Tribo Strepsicerotini Xénero Tragelaphus Tragelaphus eurycerus - bongo Tragelaphus strepsiceros - gran cudú Tragelaphus scriptus - antílope xeroglífico Tragelaphus imberbis - cudú menor Tragelaphus buxtoni - niala de montaña Tragelaphus spekii - sitatunga Xénero Taurotragus Taurotragus oryx - elán do Cabo Taurotragus derbianus - grande elán ou antílope de Derby
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world: a taxonomic and geographic reference. Third edition. The Johns Hopkins University Press. Baltimore, Maryland, USA. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Artiodáctilos Ruminantes Bóvidos
Ligazóns externas Bovinae na ADW . Bovinae na EOL . Bovinae no NCBI.
Categoría:Bovinos