Bion 8, tamén coñecido como Kosmos 1887, foi un satélite artificial non tripulado da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 29 de setembro de 1987 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características Bion 8 foi o oitavo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 224 km de perixeo, 406 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital, cun período de 90,5 minutos.
Bion 8 levaba experimentos a bordo para continuar os experimentos de anteriores misións Bion. Participaron científicos de Hungría, a República Democrática de Alemaña, Polonia, Romanía, Checoslovaquia, os Estados Unidos, Francia e da ESA.
A cápsula regresou o 12 de outubro de 1987, tras uns 13 días de voo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Bion Bion 1 Bion 2 Bion 3 Bion 4 Bion 5 Bion 6 Bion 7 Bion 9 Bion 10 Bion 11
Categoría:Bion