Mikel San José Domínguez, nado en Pamplona o 30 de maio de 1989, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o Athletic Club.

Traxectoria San José pasou polas categorías inferiores do Athletic Club, antes de fichar polo Liverpool FC con tan só 18 anos en agosto de 2007. Asinou un contrato de tres anos, e xogou regularmente cos reservas do equipo.

En agosto de 2009, San José volveu a Bilbao, en calidade de cedido. O 19 de maio de 2010, asinou un contrato co Athletic por 5 anos.

O 5 de decembro de 2010, no derbi vasco contra a Real Sociedad, San José fixo un penalti que se convertería no primeiro gol dos donostiarras, e anotou un gol na súa propia portería no comezo da segunda parte, poñendo así o 2-0 definitivo no marcador.

Estatísticas

Revisado: 17 de agosto de 2011.

ClubCategoríaTempadaLigaCopaEuropaTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesCarreira profesional Athletic ClubPrimeira División2009/10251--523032010/1131230--3422011/121014130172 Total club 66 4 7 1 8 2 81 7

Palmarés Selección Eurocopa Sub-21 (1): 2011 Eurocopa Sub-19 (1): 2007

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Mikel San José no sitio web do Athletic

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España