miniatura|300px|Algúns membros do elenco de Bones. De esquerda a dereita: Tamara Taylor, David Boreanaz, Michaela Conlin e John Francis Daley. Bones é unha serie de televisión estadounidense que está inspirada na vida real da antropóloga forense e escritora Kathy Reichs.Goldman, Eric (31 de maio de 2007): IGN. "Digging Up Secrets With the Cast of Bones" Consultada o 27/3/2012. Está producida por Barry Josephson (Hide and Seek, Like Mike) e Hart Hanson (Joan of Arcadia, A xuíz Amy),Kristine, Diane (17 de xaneiro de 2006): "Q&A: Bones Creator Hart Hanson". BlogSpot.com Consultada o 27/3/2013. e protagonizada por Emily Deschanel e David Boreanaz, que tamén son produtores da serie.Fox Broadcastng Company. Bones Consultada o 27/3/2012. A sintonía é un tema de The Crystal Method composto especialmente para a serie.Amazon.com Consultada o 27/3/2012.
Sinopse A doutora Temperance Brennan (Emily Deschanel) é unha excelente antropóloga forense que traballa para o Instituto Jeffersonianio (trasunto do Instituto Smithsoniano) e é, ademais, escritora de novelas, como o thriller A Pista no óso. Xeralmente intervén en investigacións de asasinatos cando os restos das vítimas están irrecoñecíbeis. Posúe unha extraordinaria habilidade para descifrar claves ocultas nos corpos das vítimas.Yahoo.com Plus 7. Bones Consultada o 27/3/2012.
Brennan traballa xunto ao axente especial Seeley Booth (David Boreanaz), da unidade de Investigacións de Homicidios do FBI. Booth, un axente formado no Exército, non cre na ciencia nin nos científicos. Está convencido de que a clave para resolver os crimes radica en descubrir a verdade a través daqueles que aínda están vivos —testemuñas e sospeitosos— mediante técnicas tradicionais. Por este motivo choca coa doutora Brennan tanto no terreo profesional como no persoal.
Brennan séntese máis cómoda traballando xunto á súa colega Ángela Montenegro (Michaela Conlin), a súa mellor amiga e fiel seguidora, que creou un excelente método para representar as escenas do crime en tres dimensións. Outro investigador do laboratorio é Jack Hodgins (T. J. Thyne). A xefa é Camille Saroyan (Tamara Taylor), e outro personaxe é o psicólogo do FBI Lance Sweets (John Francis Daley).
Personaxes
Temperance Brennan, Bones miniatura|200px|dereita|Emily Deschanel é Temperance Brennan, alcumada Bones (Ósos) por Booth. Interpretada por Emily Deschanel
A doutora Brennan, alias "Ósos" (Bones en inglés), é unha excelente antropóloga forense especialista en ósos que adoita ser requirida polo Departamento de Homicidios do FBI para resolver os crimes máis infrecuentes que necesitan da súa excepcional capacidade para encontrar nos esqueletos calquera indicio que os axude a atrapar ao culpábel.
Non tivo unha vida fácil; aos 15 anos entrou no sistema de adopcións debido a que os seus pais desapareceron pouco antes de Nadal e o seu irmán Russ, que daquela tiña 19 anos decidiu non facerse cargo dela, xa que pensou que estaría mellor atendida nunha familia adoptante. No curso da serie aparece esporadicamente o seu pai, antigo ladrón cuxo papel interpreta Ryan O'Neil.
É intelixente, bela, dedicada e adicta ao traballo; fala español xa que viviu en Guatemala durante un tempo; é unha muller moi preparada que busca facer valer a xustiza sen que lle importen as situacións riscosas, o que a levou a estar máis dunha vez cerca da morte, situacións das que saíu grazas ao seu compañeiro e amigo, o axente especial Booth, con quen ten unha relación moi especial. Non cre na maxia, nas supersticións ou nas cousas sobrenaturais (incluído Deus e calquera relixión), pois segundo ela todo ten unha explicación científica. É un algo imprudente e sempre di o que pensa, sen darse de conta de que os seus comentarios ás veces feren ou, como mínimo, desconcertan ás persoas.
En canto á súa vida social podería dicirse que é nula, xa que prefire nos seus momentos libres dedicarse a escribir libros e escoitar música, sen deixar de lado as súas clases de karate, que lle foron moi útiles ao investigar diversos casos, e algunha esporádica visita dalgún home rudo (e ben constituído fisicamente) para liberar a tensión sexual, as poucas veces que a ten.
No que respecta á súa vida amorosa, coñecéronselle algúns pretendentes cos que non chegou a nada concreto, como o seu antigo profesor Michael, Will Hastings, irmán dunha das vítimas; Pete, con quen compartiu apartamento antes de viaxar a Guatemala, o seu acosador Oliver Laurier e o axente especial Sullivan, co que estivo a punto de partir nun iate para percorrer o Caribe na segunda temporada.
Porén, o seu verdadeiro amor é Booth, e aínda que ao principio non se decata diso, os seus compañeiros de traballo si, en especial Ángela.
No último episodio da sexta temporada revélase que está esperando un fillo do axente Booth que, ao final, resulta ser unha nena.
Seeley Booth Interpretado por David Boreanaz
miniatura|200px|dereita|David Boreanaz é Seeley Booth.
É un dos mellores axentes especiais cos que conta o FBI. Traballa en conxunto coa doutora e afamada escritora de best-séllers Temperance Brennan nos crimes máis difíciles de resolver.
É un tipo duro e de complexión atlética, cunha enorme facilidade para relacionarse coas persoas e con bo sentido do humor. Toma as cousas con calma e ten unha paciencia infinita coa Dra. Brennan; polo xeral el encárgase das cousas que requiren do sentido común e da intuición, mentres a súa compañeira se centra no traballo científico, razón pola cal fan un equipo excepcional á hora de encontrar ao responsábel do crime.Boreanaz Makes No 'Bones' About His New Series". Entertainment Tonight, 3 de agosto de 2005. Consultada o 27/3/2012.
Constantemente vive atormentado polo seu pasado como francotirador, e é por iso polo que quere atrapar a todos os criminais que poida para pagar algún tipo de "débeda", xa que é moi crente.
No que respecta á súa vida persoal, ten un fillo de 8 anos chamado Parker, produto da súa relación con Rebecca, unha antiga parella que non aceptou a súa proposta de matrimonio ao saberse embarazada. Posteriormente coñéceselle unha noiva chamada Tessa que só aparece na primeira temporada e, na segunda, á Dra. Camille Saroyan, con quen mantén un romance aaté que decide romper con ela por segunda vez, debido ás situacións de risco que implican os seus respectivos traballos. Na quinta temporada ten unha nova novia, famosa xornalista á que coñeceu en Afganistán, pero coa que tampouco casa.
Da súa personalidade tamén destaca o seu gusto polas garavatas con rechamantes debuxos e os calcetíns a raias, en contra das normas de vestiario do FBI, sen esquecermos as grandes e provocativas fibelas que gasta nos seus cintos.
Outros datos importantes son: que ten un irmán máis novo chamado Jared, que o seu pai foi piloto de avións e despois barbeiro (e alcohólico), a súa nai compositora de cancións comerciais, así como o feito de que nun tempo foi adicto ao xogo. Chámalle "cerebritos" aos membros do equipo de traballo de Brennan por consideralos demasiado estraños, e tenlle fobia aos pallasos.
Aprecia moito á Dra. Brennan, á que alcuma cariñosamente "Ósos" (Bones en lingua inglesa|inglés). Sempre que se encontran nun caso duro, insiste en coidala e velar polo seu benestar, xa que ela é un chisco imprudente. En ocasións chega a estar celoso dalgunha das súas parellas sentimentais, comportamento comprometedor por tratarse só de simples "compañeiros de traballo" e que máis ben vai encamiñado a un interese romántico por parte de ambos (aínda que ela non se decata diso).
A final da cuarta temporada encóntranlle un tumor cerebral, do que logra recuperarse e lle fai sentir un amor incríbel por Brennan. Nla quinta temporada empeza a facer todo o posíbel para que ela se enamore del.
O propio David Boreanaz encargouse de dirixir un dos capítulos, o 100, na quinta temporada. Titulado "As partes na suma do todo", nel relata como se coñeceron Temperance Brennan e Seeley Booth e como foi a súa relación desde o principio, o que lle revelará a Lance Sweets cousas importantes sobre ambos e o vínculo persoal que os une.
No último capítulo da sexta temporada, Brennan infórmao de que está esperando un fillo seu.
Ángela Montenegro Interpretada por Michaela Conlin miniatura|200px|dereita|Michaela Conlin é Ángela Montenegro. Ángela Montenegro é unha dos membros máis importantes do equipo, xa que é a "artista" que pon rostro ás vítimas (artista forense con coñecementos sobre o comportamento humano). Ademais do debuxo a man, emprega diversas tecnoloxías moi avanzadas, tales como o Angelator. É a mellor amiga da Dra. Brennan, e algunhas veces é tamén para ela a voz da razón, isto porque a doutora non permite que se mesturen a súa vida persoal e a laboral.Epstein, Daniel Robert. UGO.com "Hart Hanson of Bones" Consultada o 27/3/2012.
Ángela é unha persoa liberal e desinhibida, polo que é a que xeralmente brinda un toque de frescura ou "normalidade" ao grupo. Trata constantemente de convencer á Dra. Brennan para que dedique máis tempo á súa vida privada (en especial que se preocupe máis polas súas relacións románticas), aínda que xeralmente con pouco éxito.
Tivo varios noivos (chegando incluso a gustarlle Booth na primeira temporada), tivo un mozo que protagonizou o asasinato nun caso, e que morreu deixando a Ángela desconsolada. Tamén tivo un romance co seu compañeiro Jack Hodgins, pero terminou a súa relación seguindo os consellos do Dr. Sweets.
No seu intento de contraer matrimonio con Hodgins, descobre que hai uns anos casou nunha praia, borracha, cun home forzudo e musculoso, á vez que enigmático porque asinou o certificado de voda cun "X". Hodgins contrata a varios especialistas para que encontren ao marido misterioso de Ángela e, cando o encontran, resulta que está totalmente namorado de Ángela.
Logo dun tempo chega á vida de Ángela un ex amor, que esta vez é unha muller. Un amor de colexio con quen se lía durante a cuarta temporada e que lle causa a Hodgins moitas dores de cabeza, declaran o seu amor mutuo e todo o equipo do Jeffersoniano o acepta. Finalmente, acabará casando con Hodgins ao final da quinta temporada.
O pai de Ángela é un enigmático rockeiro de longa barba e lentes de sol que fai acto de presenza esporadicamente en diversos episodios para desconsolo de Hodgins, que non sabe se o teme ou o respecta. O papel interprétao o músico Billy Gibbons, da famosa banda ZZ Top.
Ao final da sexta temporada nace o seu fillo, Michael Stacatto Vincent Hodgins.Bones Episode Guide. "Episode recap: Season finale" Consultada o 27/3/2012.
Jack Hodgins Interpretado por T. J. Thyne miniatura|200px|T. J. Thyne é Jack Hodgins.
Hodgins, membro dunha adiñeirada familia, ten tres doutoramentos: entomoloxía, xeoloxía e botánica, polo que se dedica ás ramas da entomoloxía, palinoloxía, mineraloxía e química forenses. Presume diso adoito, autoalcumándose "O rei do laboratorio", cousa que conduce a ter numerosos e amigábeis piques cos bolseiros que se van sucedendo ao longo da serie, en especial con Zack Addy (interpretado por Eric Millegan), con quen compite continuamente para gañar a aprobación e o recoñecemento da Dra. Brennan.
É o dono do grupo Cantileveintrincadosr, un dos maiores doantes individuais do Instituto Jeffersoniano, polo que é inmensamente millonario. Isto convérteo, á súa vez, no "xefe" de todos, aínda que insta a Booth e a Ángela a manter en segredo a súa procedencia e o seu status para seguir de maneira anónima co seu traballo como científico, pois é o único que realmente desexa. (No capítulo 9º da segunda temporada confésallo a Brennan durante o seu secuestro polo Sepultureiro.)
É un apaixonado das conspiracións e a miúdo ve estrañas relacións entre os casos que leva o departamento e outros máis, políticos e/ou secretos. Ten un agudo e sarcástico sentido do humor, e fai chistes sobre cada caso e as persoas involucradas nel.