ANUSAT (acrónimo de Anna University Microsatellite) é un satélite artificial da Universidade de Anna en Chennai, India, lanzado o 20 de abril de 2009 desde o Centro Espacial de Sriharikota mediante un foguete PSLV-CA.
Características ANUSAT ten como misión probar novas tecnoloxías relacionadas coas comunicacións no espazo e foi lanzado como carga secundaria no mesmo lanzamento no que se puxo en órbita RISAT 2.
O satélite leva un sistema de comunicacións do tipo "gardar e enviar", no que a información se garda no satélite durante o paso sobre unha estación terrestre e a descarga noutra. Tamén leva a bordo outros experimentos tecnolóxicos, como un receptor dixital, un xiroscopio e un sensor de campo magnético.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de ANUSAT
Notas
Categoría:Satélites artificiais