As articulacións metacarpofalánxicas son un conxunto de articulacións do membro superior humano, pertencentes ao pulso. Teñen forma condiloide e artellan os ósos metacarpianos coa falanxe proximal correspondente. Cada unha das catro articulacións está reforzada por un ligamento palmar e por un lateral.

Movementos Estas articulacións permiten movementos de flexión, extensión, adución, abdución e circundución. Tanto a abdución coma a adución son movementos moi limitados.

Músculos Colaboran na flexión: músculo flexor común superficial dos dedos da man músculo flexor común fondo dos dedos da man músculos lumbricais músculos interóseos músculo flexor curto do maimiño músculo flexor longo do polgar da man e músculo flexor curto do dedo polgar no caso do dedo polgar.

Colaboran na extensión: Músculo extensor dos dedos Músculo extensor do índice Músculo extensor do dedo maimiño Músculo extensor curto do polgar e músculo extensor longo do polgar, ambos no caso do dedo polgar.

Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Articulacións