miniatura|dereita|Enol. miniatura|dereita|Enolato. miniatura|dereita|Enodiol. miniatura|dereita|Redutona. miniatura|Tautómeros ceto-enolÁ dereita a forma enol. Un enol ou alquenol é un alqueno (hidrocarburo cun dobre enlace entre carbonos) que leva unido un grupo hidroxilo a un dos átomos de carbono do dobre enlace. Un alqueno que leve un hidroxilo unido en cada un dos carbonos do dobre enlace denomínase enodiol. Os anións desprotonados dos enois reciben o nome de enolatos. Unha redutona é un composto que ten unha estrutura de enodiol cun grupo carbonilo adxacente.
O dobre enlace C=C co grupo OH adxacente dálle aos enois e enodiois as súas características químicas, que fan que presenten tautomería ceto-enólica. Na tautomería ceto-enol, os enois interconvértense coas cetonas ou aldehidos.
As palabras enol e alquenol proceden de alqueno ou do prefixo en que indica dobre enlace, e da terminación ol dos alcohois, indicando o seu grupo hidroxilo.
Tautomería ceto-enólica Os enois interconvértense con compostos con grupos carbonilo que teñen un hidróxeno alfa, como cetonas e aldehidos. O composto é desprotonado nun lado e protonado noutro, á vez que se intercambia a posición dun enlace sinxelo e outro dobre. Estes cambios denomínanse tautomería ceto-enólica.
A forma enol é xeralmente inestable e cambia rapidamente á forma ceto (cetona), debido á maior electronegatividade do osíxeno, que lle permite formar enlaces máis fortes.
Tautomería en compostos multicarbonados
Porén, en compostos 1,3-dicarbonil e 1,3,5-tricarbonil predominan as formas (mono-)enol. Isto débese á formación intramolecular de enlaces de hidróxeno e posiblemente a unha doada transferencia de protóns interna.
miniatura|centro|upright= 1.5|Enlace de hidróxeno entre carbonilos.
Así, no equilibrio, aproximadamente o 99 % das moléculas de propanodial (OHCCH2CHO) están na forma monoenol. A porcentaxe é menor para as 1,3-aldehido cetonas e dicetonas, como a acetilacetona.
miniatura|centro|upright=0.8|Propanodial, a 1,3-dicarbonil
Enolatos miniatura|dereita|Formación dun enolato. Cando ocorre a tautomería ceto-enol, o ceto ou o enol é desprotonado e fórmase un anión chamado enolato como intermediato da reacción. Os enolatos son xeralmente moi básicos. Nos enolatos a carga aniónica deslocalízase no osíxeno e o carbono.Nic, M.; Jirat, J.; Kosata, B., eds. (2006–). "enolates". IUPAC Compendium of Chemical Terminology (Online ed.). doi:10.1351/goldbook.E02123. ISBN 0-9678550-9-8. Enolates. Os enolatos son estabilizados en certo grao por esta deslocalización da carga sobre tres átomos. Nas descricións clásicas do enlace, fundamentalmente na teoría do enlace de valencia, isto explicábase por un fenómeno chamado resonancia (unha explicación máis moderna dáa a teoría dos orbitais moleculares). Keto-enol-tautomerism 300px 260px80px 300px Interconversión entre as formas ceto e enolato; desprotonación do átomo de carbono α. Anión enolato, descrito en termos de resonancia. Á esquerda o carbanión. Interconversión entre o enolato e o enol; protonación do enolato.
miniatura|centro|upright=2.8|Movemento de pares de electróns na desprotonación do ácido ascórbico (vitamina C), convertendo un enodiol (esquerda) nun enolato (dereita).
Enodiois
Un enodiol é un alqueno cun grupo hidroxilo unido a cada un dos carbonos do dobre enlace C=C. Os enediois son intermediatos de reacción na transformación Lobry-de Bruyn-van Ekenstein.
miniatura|centro|upright=2.5|Tautomería cetol-enodiol. No medio o enodiol. A esquerda e dereita dous isómeros aciloína.
Redutonas
Os enodiois cun grupo carbonilo adxacente ao grupo enodiol denomínanse redutonas. A estrutura enodiol estabilízase por resonancia, como resultado da tautomería co carbonilo adxacente. Por tanto, o equilibrio químico produce principalmente a forma enodiol en vez da ceto. As redutonas son axentes redutores fortes, eficaces antioxidantes e ácidos bastante fortes.Nic, M.; Jirat, J.; Kosata, B., eds. (2006–). "reductones". IUPAC Compendium of Chemical Terminology (Online ed.). doi:10.1351/goldbook.R05224. ISBN 0-9678550-9-8. Reductones. Exemplos de redutonas son o tartronaldehido, o ácido redúctico e o ácido ascórbico.
Exemplos de redutonas 300px 120px 180px Tartronaldehido Ácido redúctico Ácido ascórbico(Vitamina C)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cetona Enolase Inol
Ligazóns externas Enols and enolates in biological reactions Enols, Enolates and Tautomerism
Categoría:Compostos químicos Categoría:Alcohois Categoría:Alquenos