As articulacións intermetacarpais son un conxunto de articulacións do membro superior humano, que artellan os ósos metacarpianos entre si. Unen o segundo, terceiro, cuarto e quinto metacarpianos a través de pequenas articulacións, cubertas de cartilaxe e reforzadas por ligamentos anteriores, posteriores e interóseos.

Os ligamentos dorsais ou posteriores e os palmares ou anteriores discorren entre os distintos metacarpianos, reforzando as superficies dorsais e palmares respectivamente. Os ligamentos interóseos conectan superficies óseas entre si.

A membrana sinovial destas articulacións continúase coa propia das articulacións carpometacarpianas. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.

Categoría:Articulacións