José Calviño Ozores, nado en Lalín o 31 de decembro de 1895 e finado en Madrid o 24 de outubro de 1987, foi un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria Fillo de Benito Antonio Calviño Mejuto. Estudou enxeñería industrial en Madrid e Bélxica. Foi xefe de negociado do Ministerio de Facenda en Madrid e incorporouse á Agrupación Socialista da capital entre xullo de 1934 e febreiro de 1936. Durante a Guerra Civil foi un dos encargados de xestionar a compra de armas para a República como xefe de negociado do Ministerio de Facenda.Orde separando do Corpo ao xefe de negociado do Ministerio de Facenda José Calviño Ozores no BOE 11-7-1939 ABC, 12/7/1939, p. 10 . Foi director da sociedade española CAMPSA-Gentilbus. Foi un dos fundadores da Casa de Galicia de París en 1956. Vinculado ao PSOE, rompeu con el para apoiar ao Partido Socialista Galego, financiando a publicación do seu voceiro Adiante, impreso en Perpiñán en 1965.Alvajar, Javier (1990) Apuntes sobre la Delegación del Consejo de Galicia en Europa (III) Anuario Brigantino 13, pp. 141-204.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ramos, Sonia (2020): El Tesoro de Calviño: La misteriosa vida de José Calviño Ozores, un agente de compra de armas de la República. Ligazóns externas

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes