Domingo Pombo López, nado en Ferrol en 1908 e finado en Santiago de Compostela o 2 de outubro de 2002, foi un político galego.
Traxectoria Militante do Partido Galeguista, foi nomeado Presidente do Partido Galeguista de Ferrol en febreiro de 1935.El Pueblo Gallego, 5-2-1935, p. 13. Pertenceu ao Comité Executivo da Fronte Popular de Ferrol en representación do Partido Galeguista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e ocultouse en Vigo.
O 23 de abril de 1937, estando agochado en Vigo, quedara con outros nove camaradas para fuxiren a Francia, mais foron delatados e produciuse o asalto do bou Eva. Pombo, que fora informado con pouca precisión, chegou tarde, circunstancia que o salvou da morte. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1941 por ser directivo do Partido Galeguista,BOE, 15-10-1942, p. 3934-3940. que foi sobresido en setembro de 1944.Expediente de responsabilidades políticas de Ricardo Carballo Calero e outros
Viviu agochado nun faiado en Vigo durante cinco anos e logo marchou a Santiago de Compostela, onde estivo outros cinco anos tamén oculto noutro faiado. En 1945 puido saír. Nos anos sesenta integrouse no Partido Socialista Galego. Finou en Santiago de Compostela o 2 de outubro de 2002.
Notas
Categoría:Políticos do Partido Galeguista Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes